Salvemos Sanxenxo

18 janeiro 2007

Especulación urbanística no Monte FARO

  • Os Cotino, especulando na nosa Terra

SU= PAU


Importación do modelo da construción en Levante

O sur e o levante español está sobreexplotado, xa case non quedan espazos libres de hoteis, apartamentos, chalés de luxo, ... Como exemplo podemos mencionar a costa Malagueña (Málaga, Nerja, Torremolinos, Benalmádena, Fuengirola, Marbella, ...), onde existe o maior número de infraccións da lei de costas de todo o estado español.

O crecemento desordenado de urbanizacións, hoteis, campos de golf, ... salpican a paisaxe da costa española. As consecuencias son: deterioro medioambiental (perda de espazos naturais, contaminación, esquilma de recursos, ...), baixada da calidade de vida, incremento imparable dos prezos das vivendas, incremento dos gastos municipais e autonómicos...


Pero a explotación da costa Mediterránea xa non da máis de si, non existe máis espazo, e as fauces das inmobiliarias de todo o estado miran cara o norte. O modelo (pese a demostrarse que é depredador, agresivo e inviable) pretende ser o mesmo que esnaquizou a costa levantina e andaluza. Co beneplácito dalgúns políticos e saltándose impunemente calquera tipo de consideración legal, ambiental ou moral o capitalismo salvaxe intenta invadir a nosa costa.

Os Cotino en Monte Faro

O campo de golf e urbanización que se construirá en Monte Faro depende da empresa Mirador de Sanxenxo, S.L (creada o pasado mes de maio),detrás de esta empresa están Vicente Cotino Ferrer e Vicente Cotino Escribá, irmán e sobriño do conseller de Agricultura da Generalitat de Valencia e ex director xeral da Policía, Juan Cotino.

Estes empresarios queren importar a Galicia o modelo de desenvolvemento urbanístico desenfreado propio de Levante. Tales actuacións arruinarían para sempre unha zona de incalculable valor paisaxístico, agrícola e forestal .O lugar onde se instalará ese complexo de ocio é unha extensión de case 200.000 metros cadrados, foron recualificados como urbanizables no PXOM da localidade, aprobado polo daquela alcalde do PP, Telmo Martín, que acaba de deixar a alcaldía para presentarse como candidato polo seu partido en Pontevedra.

  • Os campos de golf

As urbanizacións e os campos de golf ameazan a costa
1-- ¿Porqué interesa asociar un campo de golf a un proxecto urbanístico?

Segundo os expertos ter un campo de golf asociado a unha urbanización supón poder vender as vivendas un 30% máis caras. Está afirmación non só está avalada polos expertos; senón que nos cursos especializados para xestores inmobiliarios inclúen capítulos e talleres de traballo sobre o tema.
Exemplo

Outro exemplo:
“Moitos compradores viron nas vivendas vinculadas ao golf un negocio con alta rentabilidade. Aproximadamente, o 30% das adquisicións realízanse como investimento. Durante 2003 e o primeiro trimestre de 2004 -últimos datos dispoñibles- a revalorización media destes inmobles foi dun 25% anual, segundo Aymerich Golf Management”.
Artigo completo

2—De onden salen os cartos para realizar o Campo de golf en Faro?

Os campos de golf non se realizan coas altas cuotas que pagan os seus membros. As contas non saen se o proxecto non se acompaña dunha recualificación dos terreos, mediante a modificación dun PXOM . Artéllase así un proxecto urbanístico privado que multiplica os beneficios pero deixa graves impactos (ambientais, patrimoniais e económicos) no entorno no que se asenta. A administración debe intervir de contado para non cometer os mesmos erros que no Mediterráneo. Urxe unha paralización xa!

3-- Un campo de golf supón un beneficio social para o concello onde se instala?

Beneficios privados, duns poucos, haberaos, como xa queda demostrado no punto 1º; pero a pregunta que debemos facernos, é se supoñen un beneficio ou polo menos non son un lastre e un prexuízo para o conxunto da sociedade.
Existe un problema que deben afrontar as arcas públicas municipais e é o da construción, instalación e mantemento de novos servizos. E trátase dun problema enorme.

Etiquetas:

1 Comentários:

  • bueno esto do urbanismo non hay por donde collelo parece que a nosa alcaldesa axuda a tdo mundo que se achega a comprar as nosas terras enon ten interese ningun en paralo pero tamen digo que os saus que estan aprobados antes deso teñen que ter os servicios minimos calles, luz, auga e alcantarillado ou solo fan as viviendas e as calles pasan por as terras dos veciños que non lle valen pra nada ou polo menos eso nos dicen os que leban eso de urbanismo entonces eles fan os cartos e nos os servicios e ahora tamen entroncar o poligono cos cartos dos veciños para uha promocion pribada e nos rurais das nosas parroquias as silvas cruzan as carreteras os camiños cheos de baches os campos de futbol sin acabar postes electricos no medio das pistas e a nosa alcaldesa a pelexar coa xunta para entroncar un poligono de catro especuladores as escolas a cair os cruzeiros e as fontes e onoso patrimonio cultural remendandos con calquera material para certificar os cartos xa os camiños son bastante anchos que lle poñen os cadros electricoc no medio e que mais bou a decir que bos non miredes

    Por Anonymous Anónimo, Às 9:12 da tarde  

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial