Salvemos Sanxenxo

15 junho 2006

Artigos e Opinión 1:Cambiou froita por tixolo

  • Cambiou froita por tixolo
A proteción do medio ambiente ten que deixar de ser vista como unha teima dos ecoloxistas, como un adorno a nosa “sensibilidade” para pasar a ser política prioritaria de un governo que pretende ser de esquerdas. Un día destes escoitei na TVG (Hai Debate) o beneficio que se lle producira a un señor porque mudara o uso da sua finca: antes so lle daba limóns, agora producíralle os beneficios un edificio construido nela. Cambiou froita por tixolo. O problema é que os limóns os produce él, producíraos seu avo, e poderian continuar a producilos os seus fillos e netos. O ladrillo non da máis. Se un mercado está saturado de limons podo cambiar por outro tipo de froita para a miña explotación. Cando estexa o mercado saturado de tixolos e cimento non o vou poder comer.
Coas construcións, beneficiánse todos, en apariencia. Mais, qué acontece cos ecosistemas mariños, sobrecagados de esgotos procedentes das construcións costeiras?. Estas consumen grandes cantidades de auga que deixa de ir para outros sitios. As augas de choiva non poden infintrarse e purificarse na terra senon que van directamente ao mar, arrastrando toda a porquería que encontran ao seu paso. As augas costeiras comezan a deixar de producir seres vivos como os mariscos dos que viven muitas mariscadoras e mariscadores, e, ademáis, as que se poden canalizar deben ser depuradas a custo de impostos que teñen que pagar todos, os que habitan nas urbanizacións novas e os outros veciños que antes vivían do mar e que agora xa non poden. Muda un sistema productivo que se mantivera ao longo do tempo, baseado no cultivo, por outro temporal, fútil e especulativo, baseado en ganancias que non producen nada tanxible.

Etiquetas: , ,

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial