Salvemos Sanxenxo

15 junho 2006

Artigos e opinión 2

  • O lucro incesante de Sanxenxo

A crecente presión urbanística no litoral non é un
fenómeno novo; o desarrollismo dos anos sesenta
estimulouna e lonxe de minguar a cada nos nosos días unritmo de crecemento imparábel. Os datos son
estremecedores: cun ritmo de crecemento máis elevadoque en Murcia, nos próximos dez anos prevénseconstruir en Galicia 500 000 vivendas, gran partedelas na costa.
Zonas de Asturias e Galicia que ata
agora lograron manterse case vírxenes comezan a
encherse de arrepiantes complexos turísticos e de
campos de golf. A desaparición de valiosos
ecosistemas, como os humedais, os sistemas dunares,
as formacións vexetais autóctonas, son algunhas das
consecuencias deste proceso.

O desprazamento xeográfico da especulación desde a
costa levantina -con cerca dun tercio da costa
cementada- cara a franxa cantábrica e atlántica
obedece en gran parte á saturación turística desta
rexión, onde a euforia urbanística está a converter
improductivos areiais en monótonas urbanizacións
devoradoras de auga e solo. Pero existen outras razóns
de peso, como a presencia de capitais procedentes das
actividades do narcotráfico. É ben sabido que Galicia
é unha das zonas de desembarco preferidas en Europa
polas mafias internacionais da droga, que ven na
construcción a forma máis eficaz de blanquea-los
cartos.

O lado oscuro do desvarío urbanístico non remata aqui.
A complicidade das autoridades locais, que perverten o
valor de uso que debe te-lo solo, transformandoo nun
mero valor de cambio, acumulan a mans cheas ingresos
procedentes das recalificacións, das licenzas de obra
e das comisións, completa o cadro de delincuencia
territorial que a febre constructiva xenera.

Existe, polo demáis, unha errada visión -froito dunha
unha interpretación perturbada do progreso- sobre as
bondades dun modelo de crecemento que afirma a
inevitabilidade do fenómeno urbanístico, a
inesgotabilidade dos recursos naturais, o relativismo
do concepto de feísmo e coloca a énfase no ladrillo e
no emprego precario e explotador.

Semella que esquecemos varias cousas. Unha é que o
modelo convencional de turismo de masas -baseado no
consumo voraz dos recursos naturais e no deterioro
irremediable do entorno natural- ten os seus días
contados, ante a emerxencia de destinos turísticos
novos e máis competitivos. Os costes da reconversión
das áreas deterioradas son enormes, como se pon de
manifesto naquelas comunidades onde se está procedendo
á reclasificación das prazas turísticas e á
recuperación das zonas degradadas pola excesiva
urbanización.

Outro imperdoable esquecemento é que a paisaxe é unha
das nosas principais fontes de riqueza, paisaxe
humanizada ó longo dos séculos ata configurar unha
peculiar forma de ocupación do territorio que é unha
das nosas irrenunciabeis sinais de identidade.

Etiquetas: , ,

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial