Salvemos Sanxenxo

15 junho 2006

Artigos e Opinión 4:

  • Reflexión sobre as infracciós urbanísticas
Penso que vamos de camiño a unha "marea ladrilleira" sin remedio, os alcaldes das nosas bisbarras están en xeral carentes da formación urbanística e arquitectónica mínima para afrontar as responsabilidades que teñen asignadas nesta materia, en xeral siguen nas coarenta de pensar que afogando os concellos con contruccións ao prezo que sexa estan facendo un xigantesco favor a os veciños, si xa temos casos como o concello de Vigo, Ourense ... donde as aberracións urbanisticas non teñen limite, agora lles toca as pequenas vilas.

Vouvos contar un pesadelo que tiven o outro día, hai que ver o que son os soños (dende logo e un soño e a súa coincidencia coa realidade e pura casualidade, como din os telefilms americanos).

No soño eu era o alcalde do pobo, e como vexo que a burocracia e tan lenta, eu podo dar as licencias urbanísticas que me pete a gosto do construtor de turno, (eso si a cambio dun bon feixe de cartos por baixo a mesa, ainda que teña informe xurídico desfavorable do secretario do concello), a obra escomenza, e normalmente ninguén di nada xa que a xente da calle non ten nin idea de urbanismo nin de arquitectura, pero sempre pode haber algun cabrón que denuncie, si e o caso os organismos da XUNTA veñen mais tarde que pronto (sempre din que son poucos e estan moi ocupados), fan a sua proposta de informe que lles leva de 6 meses 1 ano, despois informe en firme con o que me achegan requerimento de paralizacion das obras e derribo, por suposto eu como alcalde do concello non fago nin puto caso (quen carallo é a Xunta para decirme o que teño que facer no meu feudo), polo tanto a obra segue a construirse e eu sigo a dar outras licencias ilegales e nulas de pleno dereito, e de paso a encher ben os petos, a C.O.T.O.P ante as miñas maneiras escomeza o proceso por via contenzoso-administrativa, temos para outros 2-4-6... anos, o concello recurre, desde logo xa fai tempo que os promotores venderon os pisos e a xente que non tiña nin idea do que pasaba xa viven neles, pasa o tempo e o xuiz do contencioso administrativo e o tribunal superior de xustiza de Galicia sacan a sentenza definitiva de construcción ilegal e orden de derribo, pero xa van 10 anos dende a denuncia, neste momento lles mandan aos propietarios dos pisos a orden de desaloxo, (e aqui e donde empeza o alucine xeneralizado, ¡eu non sabia nada! ¡onde vou ir aos meus 69 anos!.... Eu como alcalde que ainda ando polo concello, xa que teño mais cara que dios, lles digo, "nos vos preocupedes que tirar non tiran nada". Pasan os anos con recursos e mais recursos, cartos e mais cartos dos nosos impostos hasta que chega xa o final, "orden inmediata de derribo de las construcciones sin ningún tipo de recurso", e xa levamos 15 anos dende a denuncia, e agora e cando queda o acto final, eu como alcalde alego "inejecución de la sentencia por estar los pisos ocupados".

Os camiños que quedan ata aquí son claros, os promotores xa voaron fai tanto tempo cos millóns que xa nin existe nin a sociedade promotora no rexistro (ainda vin fai pouco a un deles en Punta Cana), eu como alcalde levo 15 anos non concello chupando do bote público o meu medio quiliño ao mes máis “os extras por baixo da mesa”, sigo aquí polo meu piquiño, que eso si, teño un piquiño de ouro, e os tontiños do pobo cada catro anos caen na mesma, e se non, sempre hay algun “tránsfuga” disposto a rechear petos por metelo na merenda. A verdade e que as veces penso un pouco como a Xunta esta jodendo aos donos dos pisos dicindolles que son ilegais, eles viven nun pesadelo dende fai un lote de anos, outros vecinos (os que me queren mal) non fan mais que amolarme decindo que o edificio e unha aberracion urbanística (non o entendo que máis ten que teña sete plantas cando o plan autoriza duas), que si lles quitou as vistas a sua casa, o sol, ou que lles reventou a casa colindante durante as obras.... Como sigan asi vanme a joder o posto, teño que pensar en pagarlles as festas do pobo, total como non me sale do peto.

Estame a preocupar si o caso vai pola via penal, aínda que non vos quero decir o que vai durar máis, segundo o Codigo Penal do 1995, eu como prevaricador nato que son, xa que dou licencias como me peta, teño unha condena de 6 meses a 3 anos de prision e 7 a 10 anos de inhabilitacion. Pero resulta que cando empezei a facer estas cafradas tiña 50 e tantos anos e ahora que xa pasaron mais de 15 anos chupando do bote xa teño 70 anos, polo que non me meten na prisión xa que as leis din que e “inhumano” para un vello como eu, resulta que ademais teño unha multa de 1 millon de euros, pero o único patrimonio que teño e a miña mísera pensión máxima de 2100 € ao mes gracias ao que cotizei polo concello, (a fortuna recibida por debaxo da mesa e negro, e a teño baixo do colchon do chaletazo que teño en Marina d'ouro a nome da miña muller), o concello como responsable civil subsidiario xa se fará cargo das multimillonarias sancións e das indenizacións no suposto de que tiren o edificio.

Ao final do sono estaba inaugurando unha estatua que me fixeron os do partido co apoyo dos veciños incondicionais, por facer tanto por este pobo, pero nese momento sonou o despertador.

Despois de analizar este sono co sequiatra especializado en Alcaldes que temos pola S.S, dime que non me preocupe, que non ten importancia, que el leva tratando a compañeiros meus durante os últimos 40 anos e que e un sono moi repetido, que cando teña dolor de cachola tome “dos nolotiles”.

Eu sigo preocupado xa que este pesadelo se repite cada vez máis a meudo, xa casi empezo a pensar que e a realidade.

Despois de contarvos o meu soño a min tamen me queda a dúbida de si e un soño ou a realidade, por eso con todo repeto lle digo a D. Maria Xose Caride, conselleira de política territorial da Xunta de Galicia, lle fago a siguiente pregunta: ¿non seria mellor aforrarnos os cartos dos novos vehículos, persoal e oficinas para perseguir as infraccions urbanísticas polo camiño que leva esto agora?, se ao final os que vamos a pagar sempre somos os mismos dunha maneira ou outra “LOS CONTRIBUYENTES”, e as aberracions urbanísticas siguen no sitio.

A unica maneira, e repito a UNICA MANEIRA de frear as infraccions urbanísticas e quitandolle aos concellos as atribucions para facer planeamentos a medida e dar licencias de construcción a discreccion, ou como eso non e doado o minimo esixible cando existe unha denuncia, e visita da inspección, es se comproba que existe unha infraccion tan salvaxe como as que se incluen nestas paxinas, CERREN ELES DE INMEDIATO AS OBRAS, non como ahora que “se lo solicitan al señor alcalde”, E IMPENSABLE QUE O QUE FAI O DELITO VAIA SER O QUE PARE A OBRA, o paradóxico desto dos delitos urbanísticos e que una construcción e unha actividad que leva anos executar, xa que e evidente que un edificio non se fai da noite a mañan, é cando menos unha burla indecente que non se paren inmediatamente as obras cando hay infraccions graves ou moi graves. E logo que recurran os infractores o que queiran, que despois de 15 anos de pagar abogados do seu peto, si teñen razon xa lles pagaremos indemnizacións, entón si que veriamos como os edificios se facian dacordo cas normativas.

Finalmente penso que non hay vontade política real para frear esto e cortalo de raíz, no fondo parece que a administración pensa que o importante e o Producto Interior Bruto P.I.B, por encima de calquer consideración de repeto ao medio e aos cidadans.

Etiquetas: ,

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial