Salvemos Sanxenxo

15 junho 2006

Artigos e Opinión 4:

  • ¡Ah, da terra da “autoconstrución”!
Sempre lembro un comentario dun profesor universitario catalán que coñecín nunha viaxe. Cando xurdiu a típica pregunta de ónde es e eu lle dixen que era galego, el comentou: ¡Ah, da terra da “autoconstrución”! Eu quedei como a cadros, pois nunca definiría a miña terra así; pero tamén, penso que ten, como se di por aquí, “tiña máis razón que un santo”.
Galicia está feita polas construtoras. Costa crer que fose ata non hai moito unha sociedade conservadora, porque o que se di conservar… non se conservou nada. Debe ser que no fondo da nosa alma, se esta existe, hai un arquitecto a punto de saír, porque é tomar as estradas e ver como “autoconstruímos” Galicia. Aínda así, nos quedan folgos para seguir dicindo: ¡Qué bonita é Galicia! E o é; pero o sería aínda máis se a coidaramos, se a quixeramos; non como patriotas, senón como persoas que imos de tránsito e que o que nós fagamos será o que leguen os que veñen detrás. E a arquitectura, de tódalas artes, é a que máis dura (aínda que supoño que coa calidade que se constrúe hoxe, isto en 100 anos todos calvos e asunto arranxado). Pero parece que non nos decatamos dese tempo, que obramos co cerebro posto no peto e á hora de analizar o urbanismo, o altisonante colócase en se tal actuación é legal ou non. ¡Pero qué coño me importa a min se é legal! O peor é que teño que soportala, que ver ese enxendro día si, día tamén.
Así que o que eu lle pediría á clase política, sería amor polo noso terruño; pero non deses amores que sempre rematan en hostias. Un amor dos bos, dos que se comparten.

Etiquetas: ,

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial