Salvemos Sanxenxo

15 junho 2006

Artigos e Opinión 4:

  • Alcaldes e Urbanismo-Ladróns descoñecidos.

Alcaldes e Urbanismo-Ladróns descoñecidos.
En ultímalas datas cheguei á conclusión de maioritariamente hai dous tipos de alcaldes ou concelleiros de urbanismo. Non é unha moi acabadora descrición dos mesmos, pero seguro que recoñecerán a máis dun nela:

1) Os ladróns que saben que son ladróns: Estes son os que aceptan maletíns a cambio aumentar a fortuna de alguén con convenios, actuacións urbanísticas ou recalcificacións de chan.

2) Os ladróns que nin sequera saben que son ladróns: Son estes personaxes (de boa intención) cuxo obxectivo é conseguir o máximo beneficio posible da administración (o famoso ben común) cada vez que se efectúa un acto urbanístico do que se poden desprender beneficios. Algúns destes tipos considéranse os máis honrados do mundo porque se senten como Robin Hood, roubándolles aos ricos para darllo aos pobres.

Tamén existe unha difusa mestura de ambos tipos, pero resulta moi difícil atopar a alguén que non pretenda meter a cazo no urbanismo. E o resultado é o que coñecemos: un aumento desorbitado do prezo das vivendas e unha administración local afeita depender dos beneficios (en principio extraordinarios) de monopolizar o uso do chan.

Etiquetas: , ,

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial