Salvemos Sanxenxo

15 junho 2006

Artigos e Opinión 4:A desfeita que nos ven enrriba

  • A desfeita que nos ven enrriba
Nos pasados meses tivemos ocasión de ler na prensa a preocupación que existe encol do caos urbanístico que ameaza o noso territorio e, de xeito moi especial, a nosa costa. Recollemos algúns titulares dos diarios máis importantes. O día 2 de decembro, en La Voz de Galicia: "La Xunta pretende poñer coto ao lamentable proceso de deterioro del litoral" O día 14 de decembro, no mesmo diario:"Una lei prohibirá edificar en las áreas del litoral galego con maior valor paisaxístico". No diario El Pais do 14 de decembro: "La Eurocamara pide a la Comunidade Valenciana que ponga fin al urbanismo salvaje". Este asunto mereceu un editorial no mesmo periódico o mesmo día. A comunidade Andaluza suspendédelle as competencias en materia urbanística a Marbella e Green Peace deu a alarma como consecuencia da construción dun hotel que a pouco máis o chantan no medio dun areal. O domingo día 15 de xaneiro comentábase quen Galicia se proxectan máis vivendas que as previstas en toda a Costa do Sol. 600.000 en dous anos.

Sorprendentemente, a especulación do solo como actividade económica volve a manifestarse con toda crueza, e as zonas virxe que quedaban están no punto de mira das empresas que coñecen esa vivenda que se anuncia en primeira liña de praia e a que o sector de compradores vai dirixida.


O quid está en que este tipo de desenvolvemento económico é totalmente devastador do territorio, leva consigo un importante custo social, e aínda así soe ter como valedores ós gobernos municipais que ven nas licencias unha importante fonte de ingresos para as arcas municipais.

Quizais sexa esta unha maneira simplista de ver o asunto, pero o urbanismo é o que mais conflitos xenara dentro dunha corporación municipal, e tamén é, entre as competencias que teñen os concellos a que máis nos afecta ós cidadáns xa que inflúe de maneira moi directa na nosa calidade de vida. Está demostrada a nefastas influencia que ten este modelo de urbanismo na saúde, especialmente na saúde mental pois, a partir de certa idade, hailla, dificultando as relacións sociais e priva ó nome do contacto coa natureza. O prestixioso médico Ildefonso Fernández, considerado unha autoridade en saúde pública, ten sinalado que cando se acometen proxectos urbanísticos de certa envergadura debería avaliarse o impacto sobre a saúde. Polo demais, ninguén se atrevería hoxe a negar que afecta a nosa convivencia. Un coñecido sociólogo francés fixo recentemente unhas declaracións en relación ó estalido de violencia en Francia, nas que consideraba que o modelo urbanístico do extrarradio das cidades , onde se asentan a maioría dos inmigrantes, era un dos factores desencadeastes da violencia. Menciono isto salvando as distancias.

Nos concellos de Galiza sacar adiante un PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal) convértese nunha autentica odisea polos conflitos de intereses que xenera, por iso é moi importante que as normas como a Lei do Solo, a Lei de Costas, a Rede Natura, ou a Declaración de Espazos Protexidos e outras, acontecen a súas capacidades de decisión, refírome as capacidades dos concellos en materia urbanística, posto que se esta vendo que non son quen de levar a bo porto unha ordenación territorial que se centre nos intereses xerais sen deixarse levar polos grupos de presión ou pola búsqueda de
votos. Un Plan de Ordenación Municipal debería ser un plan onde quedara reflexada a liña do futuro desenvolvemento dun concello, polo que a súa redacción non debería deixarse única e 3 Factores exclusivamente: ó albor de criterios técnicos, que é, o que o meu modesto entender, ven acontecendo. Por outra banda é un documento tan importante e transcendente, que debería ser obxecto de consenso, precedido dunha ampla participación cidadá e suxeito a modificacións futuras moi puntuais e moi excepcionais.
Cada vez estou mais convencido de que se o novo goberno da Xunta quere de verdade introducir cambios para rematar coas desfeitas e co feismo, debe limitar as competencias dos Concellos ou implantar un sistema de control supramunicipal con capacidade sancionadora. Enténdense perfectamente a postura dos urbanistas que están nesa liña.

Nun artigo que o profesor da Universidade de Santiago Lourenzo Fernández Prieto escribiu non fai moito en La Voz de Galicia sinalábase"...a urbanización da costa e máis do interior é unha das peores ameazas que ten este país para deseñar un futuro sostibel.." Máis adiante considera que a paisaxe, a nosa paisaxe, é unha das nosas grandes riquezas, un dos nosos sinais de identidade.

Se na comarca do Salnés cuxas características medioambietais constitúen un activo económico de primeira orde, nos limitamos a copiar o modelo urbanístico da costa do Sol ou Marbella, converteraste en pasto de ladrillo e cemento como consecuencia da demanda de segunda vivenda que se busca á beira do mar.
En Sanxenxo imos de desfeita en desfeita. E digo isto polo urbanismo caótico e o feismo que xa son obxectos de critica xeneralizada.
Unha liña de costa limpa, de dominio público, e un activo que constitúe por si mesma un xerador de riqueza, presente e futuro, polo que destruílo supón un erro económico de primeira magnitude e unha falta de solidariedade coas xeracións futuras. Un lugar como Sanxenxo, demóstrao.Estamos ante un fenómeno turístico de masas e unha actuación precipitada nesta área, pensando unicamente nos beneficios a curto prazo, constituiría un gravísimo erro que se pagaría no futuro.
Debería terse en conta a opinión de organización ecoloxistas cuxas análises non están contaminadas por intereses económicos ou necesidades de inmediatez ,electoralista e, por suposto, deberase abrir un debate que posibilitara suxerencias das asociacións veciñais.

Etiquetas: , ,

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial