Salvemos Sanxenxo

15 junho 2006

Artigos e Opinión 5:

  • Urbanismo en Galicia?
Non pasa un día sen que teñamos noticias dalgún problema relacionado co urbanismo nunha vila,nun pobo nunha cidade. De fondo, chegan voces entorno á especulación, á cultura económica do ladrillo,… etc.

É moi raro que ó longo do día nas diferentes conversacións que manteño con amigos, compañeiros ou veciños que me atopo non xurda o tema do urbanismo. Por unha banda creo que existe un sentimento xeralizado a prol de que se implante a “tolerancia cero” no que se refire ós desmans na construcción que se produxeron nos últimos anos.

Nembergantes ó mesmo tempo que comezan a escoitarse voces moi variadas a prol da preservación do medio, a conservación do noso litoral… etc tamén me atopo con aqueles que siguen pensando que o ter unha leira é igual a ter un solar onde poder edificar, … e dá igual ter a leira nun sitio que noutro … existe a creencia de que unha cousa leva á outra …

Cando se fala de urbanismo, rápidamente nos vén á cabeza a necesidade de contar cunhas directrices de ordenación do territorio, que por certo, o goberno do PP en dezaseis anos non foi quen de facer … non sería por tempo digo eu.

Tamén falamos dos Plan Xerais de Ordenación Municipal, que definan como queremos que sexan os nosos pobos e cidades, como queremos desenvolvernos e cal é o modelo de habitabilidade e convivencia que desexamos para os vindeiros anos.

Creo que dende a Xunta se está traballando con intensidade para darlle racionalidade ó planeamento dos concellos e á ordenación do territorio. Precisamos combatir as negras sombras que ás veces se cernen sobre o desenvolvemento e a construcción. Será bó para o sector da construcción, será bó para os concellos, pero sobre sobre todo será bo para o conxunto dos cidadáns, que é o mesmo que decir para o noso patrimonio natural.

Etiquetas: , ,

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial