Salvemos Sanxenxo

15 junho 2006

Artigos e Opinión

  • A PASARELA DE BALTAR SALVOU DA DESAPARICIÓN NA ZONA

A praia e a duna de Baltar, que recibe aos visitantes e veciños de Portonovo na entrada dende Sanxenxo, é unha zona moi frecuentada por bañistas, paseantes e deportistas. É un espazo natural rodeado por un entorno urbán ao cal enriquece paisaxística e ecoloxicamente. A biodiversidade que esconde unha duna é moi especial, debido á singularidade da súa flora, que ten que adaptarse ao sol, ao salitre, ao vento que lle move o solo, aos golpes da area.

Esta loita por adaptarse a un medio tan hostil levou á aparición de características propias en determinadas especies vexetais con respecto a esa mesma especie noutras zonas, derivando a evolución en especies diferentes. É así que agora, nos ecosistemas dunares, atópanse moitas especies que só medran nunha zona moi concreta do mundo. Isto é o caso do Carraspique (Iberis procumbens) planta protexida por ser un endemismo (área de distribución moi localizada) da costa atlántica da peninsula ibérica que, xunto coa lavanda (Lavandula stoechas) e a herba de namorar (Armeria sp.,) apareceu recentemente na zona ocupada pola pasarela antiga de Baltar.
Esta pasarela, agora retranqueada polo plan de mellora ambiental do Servicio de Costas, salvou a estas especies da súa desaparición na zona debido á protección que lle proporcionaba tanto das pisadas da xente coma dos cortes da desbrozadora que anualmente segaba as “malas herbas” da parte interna da duna, sendo na parte externa da duna, a máis preto da praia, onde as plantas teñen que soportar o peso das toallas.

O inventario florístico realizado xa fai tres anos polo CES na duna, con motivo da polémica levantada pola celebración das festas de San roque sobre a duna, non recollía a presenza destas especies, debido a que se escondían baixo as madeiras da pasarela dos ollos dos tres botánicos que realizaron dito inventario.

A recente aparición desas catro especies en Baltar ven a dar a razón ao Colectivo Ecoloxista do Salnés no tocante ás súas protestas ante os continuos desbroces que levaba a cabo o Concello de Sanxenxo na duna, xa que estaba a destruir a interesante flora do lugar, ao que respondían que o lugar carecía xa da interese florístico debido ao seu grao de alteración. A presenza destas especies veñen a poñer de manifesto o valor florístico de Baltar. As dunas son auténticas reservas para a biodiversidade, polo que non se debe actuar negativamente contra elas, e desbotar as actuacións que impliquen impacto sobre a flora dunar.

Etiquetas: ,

2 Comentários:

  • Muchos no estábamos convencidos de que el anterior alcalde realizase la pasarela, hoy tenemos que sacarle el sombrero a la pasarela y darla como una gran obra.

    Por Anonymous Anónimo, Às 12:11 da manhã  

  • Es de justicia hacer saber quien fue el alcalde que la proyectó (hablo de su nombre, pues siempre los mencionamos cuando hacen las cosas al revés). Enhorabuena José Luis Rodriguez, como dice el anterior: Una gran obra; por desgracia no estás de alcalde.
    Fdo.Alguién que tampoco creia en la pasarela.

    Por Anonymous Anónimo, Às 8:19 da tarde  

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial