Salvemos Sanxenxo

15 junho 2006

Artigos e Opinión

  • Diálogo na praia
Chego dunha praia próxima, á que hai anos non acodía e que nos sesenta era, ademáis de praia, pinal na súa parte alta, un espacio largacío propiedade, según decían, dun só individuo. Outros afirmaban que non, que era monte comunal, pero pra que como tal fose reconocido habería que gastar cartos, entrar en pleitos que nadie quería máis alá da razón de que a terra era deles, das xentes do lugar. Pero se non pleiteaban íano ter difícil despois das trasmisiós de dominio efectuadas por medio de escritura pública, con toda seguridade inscripta no Rexistro da Propiedade. Mai-lo terreo non estaba aínda parcelado e o dono do lugar toleraba a nosa presencia en tendas de campaña, un par delas, coa condición de que non estragaramos nada. E así o faciamos. Cara á noitiña, nunha taberna que daba á estrada, iríamonos enterando das circunstancias da propiedade e da falta de vontade das xentes por recupera-lo que decían era seu. Nos anos seguintes todo comezaría a estar parcelado. Persoas conocidas estaban a mercaren tenzas nas que face-la súa casa da praia, a poder ser con piscina e cancha de tenis.

O lugar está agora cheo de chalés, e o que era un paso común á praia está limitado a uns carreiros de acceso ó lugar e dende a praia vese todo el murado, asentadas moitas das casas no que nalgún tempo foi areal, pinal, terreo dunar dominado polo salitre e o vento mareiro....Ainda que fago memoria dende os anos sesenta, cabe a pergunta de ónde estaban os inspectores que deben vixiar polo comprimento da Lei de Costas, porque moitas das casas son de construcción recente, posterior ó ano de promulgación da lei. Pero é que ademáis as construcciós --a macización sobre a banda do mar--, siguen noutros espacios próximos nos que, por simple sentido común, non se entende tanta facilidade pra obter licencia de edificación. Tiven ocasión de comentar con alguén que lembraba igualmente as circunstancias da probable propiedade comunal que, pola vía da picaresca, é actualmente un espacio totalmente privatizado, un escándalo urbanístico. E, claro, outros temas de agresiós á franxa de protección litoral, de construcciós a distancia non permitida, entraron no debate.

E cando se fala destos temas faise alusión ó referente do “caso Marbella”, do que a última noticia é a entrada en prisión incondicional de Julián Muñoz, do que se dí recibeu 150000 euros de Juan Antonio Roca. O culebrón parece que vai continuar e que novos nomes poderían aflorar en cuestión de días. Cifras de escándalo, como sabemos, que finalmente pagan os compradores de pisos ou casas, porque as comisiós ou contraprestaciós forman parte do coste final que asume o cidadán que hipoteca 30 ou 40 anos do seu porvir. Os devanditos pagos irregulares poden se-la causa principal na crecente carestía da vida e do futuro mal vivir de moitísima xente. Pero eso non acontece soamente en Marbella. Na conversa da praia fixemos mención, naturalmente, ó que sabemos é “vox populi”, coa esperanza da presencia, noutros pagos, da fiscalía anticorrupción. Polo menos en Nigrán parece se buscan indicios, se quer levanta-la alfombra.


E así as cousas, na conversa entrou tamén o tema da nova candidatura do PP en Pontevedra, dun Telmo Martín contestado en Sanxenxo por varias das súas actuaciós urbanísticas. A verdade é que en Pontevedra téñeno difícil os tres partidos pero, quén sabe, en Marbella votaron unha e outra vez polo partido de Jesús Gil. E mentres Lores apunta como unha especie de incompatibilidade de Telmo Martín o feito de ser constructor cando está en fase de revisión o PXOM, algún cidadán apuntou precisamente como dato positivo que o alcalde de Sanxenxo fora socio de Construcuatro. Cs candidatos deberán explicar moi ben o seu programa, facer tamén declaración do seu patrimonio. E a xente tomar conciencia de a quén debe votar.

Por Xesús López Fernández
24 de julio de 2006

Etiquetas: ,

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar comentários [Atom]



<< Página inicial