Salvemos Sanxenxo

15 junho 2006

Artigos e Opinión

  • Xente pactando co diaño
A especulación inmobiliaria está forzando a xente, principalmente nova, a outra emigración. Unha emigración de curta distancia. Xente que nin anque pactara co diaño a venda da súa alma podería mercar unha vivenda en Sanxenxo ou Portonovo cos prezos actuais, vense na obriga de reinstalarse en vilas máis adsequibles como Poio,Barrantes ou Caldas de Reis.
Este fenómeno está propiciando que en concellos do interior se estean a aprobar plans urbanísticos faraónicos non solo para cubrir esa oferta senón con vistas a segundas residencias para turistas en zonas do interior. Vilas, nalgúns casos, sen servicios incapaces de fixar poboación.
Como xa dixen nalgunha ocasión, quen tivo a ocorrencia de dar competencias ós concellos sobre o urbanismo debía de ser un fenómeno, dun xeito ou de outro.
Outra cousa que está ocorrer é a incesante compra de parcelas por certos "celebros" que manexan información privilexiada de onde si e onde non vai haber terreos urbanizables. Así mentres o coitado do paisano A pensa que está a vender un leiro cheo de silvas por catro perras, o paisano B sabe que está a mercar un futuro terreo urbanizable.
Hai casos sangrantes, coma o de un alcalde moi amigo do Ferro e de risa fácil que por un módico donativo concedería licenza para edificar ata no campanario da igrexa da súa vila.
Unha cousa está clara; votarlles solo a culpa desta situación ós políticos e os especulillas é unha forma de escurrilo bulto e tapar a verdadeira realidade: cada pobo ten o que merece. Cando sexamos coma os suecos teremos un país coma Suecia.
Chourizos e mangantes hainos en tódolos lados, a diferencenza é que dos Perineos para arriba están na cadea e dos Perineos para abaixo están nos despachos.

Etiquetas: ,

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial