Salvemos Sanxenxo

15 junho 2006

Artigos e Opinión

  • Denuncia a indefensión e desinformación dos veciños fronte á chantaxe dalgunhas construtoras que ameazan coa expropiación
15/07/ 2006
  • ADEGA RECLAMA DA XUNTA E OS CONCELLOS MEDIDAS URXENTES PARA ATALLAR A ESPECULACIÓN URBANÍSTICA NA COSTA

En moitas vilas da costa galega son xa familiares os “señores do maletín”. Trátase de apoderados e axentes comerciais de grandes grupos inmobiliarios que están a mercar todo o terreo que poden. Tanto ten a cualificación do chan: rústico, de protección, Rede Natura… Parecen ter a seguridade de que poder edificar onde os demáis non poden. Aliás, ADEGA ten recibido denuncias de “chantaxes” á poboación, utilizando a expropiación como ameaza, ao abeiro da nefasta figura do “axente urbanizador”. Estes feitos, unidos á desinformación moitas veces interesada da poboación, están a criar un estado de indefensión que aproveitan algúns especuladores sen escrúpulos.

A este respeito, ADEGA quere lembrar que non é posíbel aplicar a figura do “axente urbanizador”, que Galiza se denomina “Sistema de Actuación por Xeración de Obra Urbanizada” sobre un chan que non ten a cualificación de urbano. Por esta razón, é o concello ten que recualificar previamente os terreos e a Xunta (Consellaría de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes) autorizalo. Deste xeito, é responsabilidade das administracións local e autonómica autorizar as recualificacións que precisan as constructoras para poder “marbellizar” o noso litoral. E polo mesmo, a cidadanía temos aí unha garantía fronte aos abusos de poder e a prepotencia dalgunhas empresas e, ao mesmo tempo, dispoñemos dun poderoso instrumento de presión (a nosa mobilización e os nosos votos) fronte aos responsábeis públicos á hora de esixirlles transparencia, información e sensibilidade coa nosa costa.

Por este motivo, ADEGA demanda dos poderes públicos, Xunta e concellos, que tutelen e garantan os intereses xerais, os de todos os veciños e veciñas, fronte aos atropellos das inmobiliarias. É o seu deber informar á cidadanía sobre o que poden ou non poden facer estas empresas, para rematar coas actitudes prepotentes e a indefensión da poboación. Asemade, as administracións deben actuar na cuestión urbanística con criterios de xustiza social e sostibilidade e non permitir que unha empresa, por moitos cartos que pague, poida facer o que non poden os veciños nas súas terras. Cómpre lembrar que as grandes urbanizacións no litoral, aliás de comportar irreparábeis perdas ambientais, non solucionan o problema da vivenda: son a miúdo segundas residencias para persoas con alto poder adquisitivo, moitas veces de fóra, que as utilizan poucos meses ao ano. No entanto, os veciños ven imposibilitado o seu acceso a unha vivenda digna a prezos razoábeis e comprometidas as posibilidades de desenvolvemento sustentábel das vilas costeiras.

ADEGA volta a esixir á administración medidas urxentes para garantir unha planificación sustentábel do noso litoral. A Lei de Protección da Paisaxe Galega, que verá a luz en 2007 e o Plano Reitor de Usos da Costa anunciado para este ano, poden chegar tarde se non se declara unha moratoria urbanística xa. Os especuladores deben saber que na nosa costa non vale todo.

Aliás, o governo do Estado, de quen dependen aínda amplas competencias nas nosas costas, debería adoitar tamén medidas legais urxentes, comezando pola derogación da disposición transitoria terceira introducida na Lei de Costas polo PP no ano 2002, colada de rondón na “Lei de Acompañamento” dos orzamentos dese ano. Esta disposición, supón de facto subordinar os intereses xerais en canto á protección da costa ao planexamento dos concellos, o que abre a porta á privatización encuberta do litoral. En virtude desta norma, se un chan ten a cualificación de urbano denantes de 1988 (data da entrada en vigor da Lei de Costas), a servidume de protección pasa de 100 m a 20 m. Un concello só ten que demostrar a natureza urbana dun lugar, para automáticamente poder urbanizar a partir de 20 m da liña de costa.

Estas e outras medidas en defensa do noso litoral contan co apoio de amplos sectores sociais, e por suposto do movemento ecoloxista. A responsabilidade está agora en mans das administracións, que teñen que demostrar de qué parte están na loita contra a “marea de cemento” que ameaza con asolagar as nosas costas.

Etiquetas: ,

1 Comentários:

  • El entorno del litoral de Sanxenxo será urbanizado con unas 300 viviendas
    JOSÉ LUIS OTERO - Sanxenxo (Pontevedra) - 07/05/2007


    Vota

    Resultado 65 votos


    La noticia en otros webs
    webs en español
    en otros idiomas
    Pocos cabos quedan en España como Punta Festiñanzo. Situado en plena Ria de Pontevedra y en el ayuntamiento de Sanxenxo, se trata de un paraje de incomparable belleza, arbolado, una hermosa cala con playa y hasta ahora completamente libre de edificaciones. Pues bien, alguien ha decidido que por el bien de los vecinos de Sanxenxo hay que urbanizar este entorno único, y hay que hacerlo antes de que la ley de costas deje de ser un proyecto para convertirse en una realidad. Parece difícil entender el que en esta época en la que nos preocupamos tanto por el medio ambiente y la sostenibilidad, ocurran casos como el mencionado sin que los políticos o la sociedad tomen cartas en el asunto. Parece increible que se paralice un hotel en Almería en la mitad de un arenal y se permita construir al borde del mar en una zona arbolada y de increible belleza. Y no son 10 viviendas, son cerca de 300.

    Por Anonymous Anónimo, Às 11:59 da manhã  

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial