Salvemos Sanxenxo

15 junho 2006

Artigos e opinión

  • CACIQUES E SÚBDITOS
    Escribía a xornalista Cristina Abelleira, nunha interesante reportaxe publicada nesta edición hai uns días, como no século XIX Carballo vai tomando forma de vila, capitaneada polas clases burguesas da época. Entre os distintos nomes citados algún ten ligado o adxectivo de cacique, algo bastante frecuente na época.O substantivo masculino cacique ten no Diccionario Xerais dúas acepcións: «1. xefe indio. 2. Persoa que exerce, de maneira absoluta, o poder real nun pobo ou territorio». Na tradición rural o cacique era o intermediario parroquial ou municipal entre o pobo raso e o inescrutable mundo oficial. Unha relación simbiótica ou parasitaria segundo se mire.Non é fácil determinar cando comeza este mal endémico, pero si sabemos que tivo un caldo de cultivo idóneo na época da Restauración. Neste tempo, liberais e conservadores tornábanse no poder de forma amañada. Podíase dar o caso de que os deputados electos nin sequera coñeceran o distrito polo que foran elixidos. Eran os famosos deputados cuneros. Estes, tiñan caciques en cada zona que se encargaban de amañar a votación. Eran polo xeral as forzas vivas da localidade: médicos, cregos, avogados,etc.Os caciques eran xente que tiña bos contactos nas vilas ou cidades. O labrego recorría a eles para amañar problemas coa xustiza ou para conseguir algunha prebenda provinte das institucións. Xeneralizouse así a práctica de «eu fágoche o favor e ti dásme o voto». Eran pois uns intermediarios entre o poder real e o pobo raso.HistoriaO profesor e académico Xosé Ramón Barreiro na súa Historia de Galicia fai unha maxistral descrición do caciquismo «o señor(cacique), que ten amigos en todas partes, consigue favores persoais e fai que lle atenda o médico amigo da cidade a filla ou fillo doente(...) isto xamais o esquence o campesiño galego(...) A dependencia será encanleada no século XIX a algo moi concreto: o regalo do voto ó señor. E o campesiño, síntese moi satisfeito de poder facerlle este regalo que pra el resulta tan barato».Boa parte daquel vello caciquismo ficou superado nas últimas décadas coa democratización da vida política local e, sobre todo, polo acceso á cultura de clases sociais antes relegadas a un segundo plano. Aínda así tantos anos desta práctica deixaron un pouso visible na nosa sociedade(especialmente no medio rural).O paisano ten en moitos casos a idea de que «a política é para os políticos» e ve a "res pública" como unha sociedade anónima formada por uns cantos.

Etiquetas: ,

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial