Salvemos Sanxenxo

15 junho 2006

Artigos e Opinión

  • O aumento da densidade poboacional, e a presión do ladrillo sobre a costa.
A economía de Sanxenxo -ó igual que a dos veciños do Salnes- depende en gran medida do ladrillo e turismo . Sufrindo éstas últimas un proceso de deslocalización máis ou menos forte. A construción de vivendas multifamiliares a menos de 100m da costa é un feito que atinxe a todo concello
Estas vivendas adícanse sobre todo a 2ª residencia estival para xente de Madrid e Portugal. A presión sobre a costa -e sobre o prezo da vivenda- aumentou desmesuradamentea golpe de Plan Úrbanistico. E non se contou co adecuado dimensionamento dos servizos e as infraestruturas. Xa non só das carreteras, senón tamén da auga, servizos de alcantarillado, etc
Un modelo de pan para hoxe e fame para mañán. Algo que se agravará nos próximos anos máis que nunca(co desenrolo dos30 S.u.) polo crecemento sin control das vivendas a pé de praia.
Non se pode abordar unha posible solución ó problema dos atascos, perdas de auga, mal saneamento, etc sen repensar o desenvolvemento e progreso da zona. Cando todo o mundo trata de informacionalizar a súa economía (investimento en I+D, servizos, etc) nós aínda dependemos en gran medida do modelo de ladrillo e turismo estival.

Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial