Salvemos Sanxenxo

15 junho 2006

Artigos e Opinión

  • Ando moi indignado
Ando moi indignado, porque cústame asimilar e resístome a comprender que o que está ocorrendo en Sanxenxo sexa algo tan vergonzoso, tan clamoroso, tan escuro, tan penoso, que me corroe as entrañas.

Por unha banda anda o partido de goberno, facendo e desfacendo ao seu antoxo, xogando con este pobo e os seus veciños, coma se dun xoguete se tratara e co cinismo de vendernos as súas artimañas como calidade de vida. De dar explicacións, nada. De ir pola verdade por diante, menos. E iso sen entrar nos asuntos turbios, ou mellor, pantanosos.

¿De verdade pensa o Sr. Telmo, como repite en ocasións e coa boca chea, que é o alcalde de todos? Pois non, se traballase realmente por Sanxenxo e os seus veciños, si o sería; pero se o seu traballo exclusivamente consiste no seu propio enriquecemento e en comprar o seu asento para estar oito anos no sillón logo fuxir a Pontevedra, pois non. Para nada.

Estamos os cidadáns, que de acordo que non temos que render contas porque non temos responsabilidade política algunha; pero temos uns principios e unha corresponsabilidade para connosco mesmos e coa nosa terra.

¿Podemos mirar para outro lado sen máis, coñecendo as canto menos escuras manobras do noso goberno?. Podemos criticar canto se nos antoxo, tanto a uns como a outros, pero ¿xa está?.

¿Podemos calar só porque os nosos intereses persoais andan en xogo?; pero non son os nosos intereses persoais, son os nosos dereitos, andan repartindo unha migallas e levándose un gran pastel a cambio; non nola regalan, estánnolas cobrando e moi caras por certo.

Chega un momento en que comprendes que as cousas van permanecer así, se alguén non fai algo por cambialas, e mentres uns e outros andan enredados por intereses particulares, ti pensas: ¿e eu que?; pero de súpeto ves, que hai un grupo de persoas que teñen as mesmas inquietudes, a mesma meta: ver crecer a Sanxenxo, pero de verdade, non de escaparate, senón traballando sobre as necesidades reais que existen aquí. E que traballan dun xeito totalmente desinteresada, con seriedade, con entrega, con tesón, con forza, en liberdade e sobre todo con esperanza, moita ESPERANZA.

Entón é a hora de tomar unha decisión.

Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial