Salvemos Sanxenxo

15 junho 2006

Artigos e Opinión

  • Discusións con un amigo:
-Ser construtor é alcalde, eso é bo para o concello de Sanxenxo....
- Eso da corrupción que dis ti, pasa en todos os lados...A vida é así se queres ganar cartos construíndo tes que arrimarte o poderoso...Ti defendes eso da ecoloxía por que aínda eres moi novo...
-Ti non sabes nada de iso...Eu gano moitos cartos grazas a coñecer a certas persoas.
- Sanxenxo grazas o Pxom de Telmo Martín ,o concello logrou uns dos presupostos mais grandes da historia.


Hai sectores económicos nos que a corrupción é o compoñente esencial da política das empresas e as persoas:as obras públicas, os transportes colectivos, os suministros, a licenzas e contratas das Administracións Públicas. Pero en ningún prodúcense casos tan flagrantes delitos como no os da organización do territorio e o urbanismo en mans municipais. A forma particular de perversión que caracteriza a corrupción urbanística non consiste só en violar as normas destinadas a protexer o interese xeral, senón en substituír a lealdade xurídica e persoal cara á comunidade pola total identificación cos intereses persoais dun xefe ou un grupo dominante. O determinante non son as prestacións que se intercambian, senón a estrutura de lazos sociais e vínculos de dependencia que xera, a aceptación como normal da conduta dominante convertida no eixe central do sistema que impera nos negocios.
O peor é cando estes modos de operar chéganse a considerar ..."comúns". Cando se volven tan usuais que, a xente chega a crerse que bo, que as cousas "son así neste negocio...!!
Todo comeza co desvío da lei en beneficio dos amigos; continúa co nepotismo e a aceptación de obsequios, retribucións ou cargos futuros; prospera co beneficio persoal que as autoridades obteñen das súas decisións a través de negocios complementarios(Empresas Propias , Sociedades) ; desemboca na aceptación de subornos e o cobro de comisións e, finalmente, queda rematado coa tolerancia oficial cara ao delito organizado a cambio de compensacións: é o buraco negro da democracia.

Nese marco hai que situar o concello de Sanxenxo.No que se pode visualizar unha trama urbanística de corrupción entre uns cantos amigos construtores ( Aínda que non se poda demostrar nos tribunais).
O problema da corrupción é moi grande; é un problema de primeira orde: Porque afecta negativamente a todos os cidadáns dun modo outro.
Na miña opinión o problema esixe unha revolución educativa en dous termos:
1ºOxalá sexa o principio da necesaria mentalización dos políticos achega da súa responsabilidade á hora de cegar a principal fonte de financiamento dos seus partidos e o máis caudaloso manancial do seu medro persoal.
2º É unha cuestión de moral (ou ética) como se queira chamar. Mentres non se inculquen principios de honestidade, de respecto á lei...., a xente, desgraciadamente máis cada día ....venderá a súa alma ao diaño por moedas de prata..... : Triste

Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial