Salvemos Sanxenxo

15 junho 2006

Artigos e Opinión

Moitas grazas por aportar este comentario pero desde Salvemos Sanxenxo imos analizala paragrafo a paragrafo para explicar as mentiras e as omisións que se fan neste Texto .

Empezamos polo fin:

“Nós propoñémoslles que se comparen cos ecoloxistas europeos. ¿Por qué mentres no resto de Europa os ecoloxistas aceptan os campos de golf sempre que se teñan en conta factores medioambientais, aquí temos que seguir a escoitar argumentos tan antigos?”

“que se teñan en conta factores medioambientais”:Frase curiosa , porque no Monte Faro non se respecta o medio ambiente, xa que cortar carballos , castaños e arbores centenarios. Isto non é respectar o medio ambiente???

Eu non son político, nin formo parte a ningún partido.Solo son cidadán de Sanxenxo que respecto a miña paisaxe e os meus veciños.Como traballador do sector da madeira(Carpinteiro) , dóeme moitísimo que me tomen o pelo dicindo que en monte Faro vaise respectar o medio ambiente.Se se respectara o medio ambiente claro que estaría a favor do campo de golf isto conleva a non facer ningún tipo de urbanizacións en Monte Faro . Aínda que na actualidade non vexo a súa necesidade.

Nós propoñémoslles que se comparen cos ecoloxistas europeos”

Salvemos Sanxenxo propoñémoslles a Telmo Martín e o seu equipo de goberno que comparen o seu modelo urbanístico co modelo de países europeos como Noruega Finlandia E.t.c. E.t.c.Nestes países protexen a súa paisaxe e a súa franxa costeira como ouro en pano.

Pensan vostedes quen en Noruega permiten construír: a casa de Fernando Villaverde ,o edificio de Benigno Esperón en Sanxenxo ou se producen delitos ecolóxicos como a tala de arbores centenarios no monte Faro.Pesade e viaxade por Europa.

Se se compara o modelo silvicultura europeo co galego podedes encontrar algunha diferenza.Verdade??. O modelo de silvicultura en algúns países de Europa reportan numerosas cuantias a economía destes países(Non entramos analizar esta cuestión porque levaríanos follas explicalo).

Señores porque non importades modelos sostibles de Europa???

“ hai só 5 campos de golf de 18 buratos”:Un dato dos cinco campos de golf que hai en Galicia ,dous están a menos10 km de Sanxenxo (planease construír 17 campos de golf en Galicia según datos de Greenpeace). Hai necesidade real doutro campo de golf en Sanxenxo??.

Pola contra os noso concello e a comarca do Salnés carece de plataformas culturais e museos que ensinen os nosos turistas a nosa identidade como pobo.Estou a falar de verdadeiros museos cun contido atractivo nos que se invistan tanto neles como no campo de golf. Non queremos museiños de sala de estar,se non verdadeiros museos.

Pero non me estraña que o noso alcalde e os concelleiros do actual equipo de goberno non invistan en cultura ,xa que non poden investir nela se carecen dela ou non sabe que iso de “cultura”.Non falo de estudos xa que eu so teño o bacharelato e son un carpinteiro que amo a miña terra e cultura dela.

O noso alcalde que carece de estudos, pero iso non e o delito se non, prostituír a terra ónde naceu para aproveitarse de la hasta a último Terrón de Terra.

Demagoxia pura e dura

O Golf moveu o ano pasado en España 2.400 millóns de euros. Sanxenxo quere participar desta importante fonte de riqueza e emprego. Sen embargo, ......como lles gusta o catastrofismo acúsannos de seguir o modelo do mediterráneo cando os datos demostran que non é así.

“de seguir o modelo do mediterráneo cando os datos demostran que non é así”.

Neste artigo omitides a figura do xente urbanizador que tantos disgustos lle deu os nosos veciños Valencianos e comézanos a dar a nós. Este modelo xa foi bastante explicado no noso Blog, como explicado por S.A.LVEMOS en foros de debate do Partido Popular(Por certo algúns simpatizantes do P.P.están en contra deste modelo de urbanismo)

Comunidades de España que permiten o axente urbanizador S.U.Valencia (Lei 6/1994) foi a primeira que levou a cabo esta figura tan polémica, a que continuaron: Castilla-La Mancha (lei 2/98), Castilla y León (Lei 5/1999), La Rioja (Lei 10/1998) , Aragón (Lei 5/1999), Canarias (Decreto Lexislativo 1/2000), Extremadura (Lei 15/2001), Madrid (Lei 9/2001) Murcia (Lei 1/2001), Asturias (Lei 3/2002), Cantabria (Lei 2/2001), Andalucía (Lei 7/2002), Asturias (Lei 3/2002),Galicia (Lei 9/2002)

Galicia incorporouse co goberno do P.P. no ano 9/2002 a este modelo continuista (Si señor, lees ben,con-ti-un-is-ta ,por que sigue o modelo valenciano ) .

Nota: Estes datos demostran que o modelo de Sanxenxo é un modelo urbanístico que é continuista do mediterráneo

No concello de Sanxenxo sabedores dos rendementos económicos que deu este modelo no mediterráneo tanto a concellos como a empresas construtoras como Construcuatro Mediterráneo do señor alcalde. Apurarouse a facer un PXOM en poucos meses para a súa aprobación en febreiro de 2003 que recollese este termo xa que os beneficios serian cuantiosos .

Un dato curioso desde a elaboración da Lei do Solo que engadiu o termo axente urbanizador hasta aprobación do Pxom en Sanxenxo transcorreron 5 meses . Un tempo recor para Telmo e os seus Socios do ladrillo

Despois de elaborar o señor alcalde e os seus amigos do Ladrillo, o PXOM con 30 S.u., e que pasen tres anos e medio desde a súa aprobación- en febreiro de 2003-, a Xerencia de Urbanismo xa deu luz verde a practicamente a metade dos trinta chans urbanizables que contempla o planeamento. En concreto, aprobou definitivamente catorce deles(con ubicacións diversas polas sete parroquias do municipio), o que supón a construción de 2.722 novas vivendas(Según datos Do concello), un 39,3% das que se prevén cando estas trinta bolsas de chan completen o seu desenvolvemento urbanístico.O reparto da Torta urbanística en Sanxenxo esta feito ,o Señor Telmo dáse a fuga cara Pontevedra por medo dunha operación Malaia .

En Pontevedra aínda lle queda moito por facer en temas urbanísticos: S.U.,Peris... . Os dous socios de Telmo en Construcuatro sen dubida votarán por el e os seus socios do Ladrillo por que en iso báilalle o bolsillo. Este ano facturou 6 millóns de Euros Construcuatro pero se Telmo fai o plan xeral de Pontevedra multiplicarase por tres a súa facturación.

Prosigo co análise de este texto, perdoade a tensión que se percibe nas miñas verbas e as dispersión dos meus argumentos produto do cabreo que supón ler este Texto.

Salvemos Sanxenxo non nos gusta a demagoxia pero ante este artigo cheo de mentiras

Pedimos permiso os nosos lectores par utilizala.

“O Golf moveu o ano pasado en España 2.400 millóns de euros”:A prostitución ou o contrabando de drogas (que se serven moitos construtores de estes negocios para branquear cartos) triplicou esta cifra 2.400 millóns de euros no estado español.Isto non lexitima a ninguén para exercela.

A obsesión polos campos de golf impídelles valorar outros aspectos do proxecto como a creación dunha ruta arqueolóxica e a recuperación paisaxística da zona coa plantación de carballos, castiñeiros, bidueiros e outras especies autóctonas.

A miña Capacidade mental non é capaz de entender o seguinte:

Arden os montes de Sanxenxo por moitos motivos ,pero un deles que ninguén nega, é a especulación urbanística que tanto defende e practican os nosos gobernantes do noso concello.Por outra banda falan plantación de carballos, castiñeiros....Primeiro talanse especies centenareas para urbanizar Faro e despois replántanse especies. “Como di miña avoa , sodes intelixentes de carallo e nos somos parvos ,NON ??”

Hai ecoloxistas que merecen todo o noso respecto xa que asumen que un concello ten dereito a desenvolverse. Pero hai outros coma Ecoloxistas do Salnés que están en contra de calquera desenvolvemento, especialmente si supón a construción de vivendas. As persoas tamén formamos parte do medio ambiente e necesitamos vivendas para vivir ou descansar. Polo tanto o debate non é si se deben facer vivendas ou non, senón cómo deben facerse para non prexudicar o medio, sexa este rural ou urbano.

Hai ecoloxistas que merecen todo o noso respecto xa que asumen que un concello ten dereito a desenvolverse.: Ningún e ecoloxista do globo terráqueo defendería o proxecto de urbanización de Monte Faro.Xa que ten por obxecto a desaparición ou alteración de 299.175m2 de zona verde de alto valor ecolóxico. A construción 64.622 m2 de vivenda colectiva e 64.622 m2 de vivenda unifamiliar con leva alterar miles de metros de zona boscosa.

Animo o concello a intentar buscar algunha organización ecolóxica que apoie o seu modelo urbanístico.Pode comezar por Greenpeace e terminar por Adega.Sorte na busca de apoios, pero desde a miña modesta opinión ,por moito que busquedes non os ides a encontrar .Repito Moita Sorte...

“...concello ten dereito a desenvolverse”:Como xa dixemos en algún artigo non hai que confundir desenvolvemento e desarrollismo.

“Recordando o triste termino acuñado na década dos 60, unha cousa é desenvolvemento e outra "desarrollismo. E tras isto hai toda unha filosofía, un modelo de desenvolvemento. Moitos cren que un pobo se moderniza a base de enchendo de novos bloques. E non é certo. Un pobo se moderniza cando mantén a súa identidade e presta aos seus veciños servizos de calidade.Pero moitos municipios que eran pobos tranquilos (como de Sanxenxo), estanse convertendo en verdadeiras moles onde ninguén vive xa a gusto. Estamos ante un novo desarrollismo.

Algún día a zona de Monte Faro vaise poñer coma exemplo de desenvolvemento urbanístico moderno e sostible: Como o concello neste texto fala de Europa , pido permiso para falar dela.

Pensas señor alcalde e os membros do teu grupo de goberno que Europa Sostenebilidade=cemento.O Pensades de verdade???

Douvos un consello que viaxedes mais por Europa. Eu que son moi xoven e con falta de recursos económicos fun a facer o Inter –Raíl. É a verdade que non son capaz de ver a Europa que ollades vos .

“...destínanse a equipamentos públicos: campo de golf, parque arqueolóxico, zonas verdes e viais”. Moitas grazas por poñer o campo de golf como equipamento público.Xa me estou imaxinando eu e meus veciños xogando o golf de balde. O malo desto e que fai catro ou cinco anos pensei o mesmo, en nadar de balde ou con prezo módico na piscina a municipal e na actualidade non podo soportar os prezos abusivos desta piscina “Pública”. Non me chames iluso porque teña unha ilusión!!!.

“O desenvolvemento dos solos situados en Monte Faro está claramente establecido no Plan Xeral e polo tanto a súa aprobación só é posible si se cumpre ao milímetro o que está previsto”. O plan xeral como falei anteriormente neste escrito en toda súa totalidade é un saqueo os terreos dos veciños de Sanxenxo. Non é garante de nada.

Polo tanto o parque empresarial e os dous desenvolvementos previstos en Monte Faro, SU-13 e SU-14, van permitir a Sanxenxo reducir a súa taxa de paro por debaixo do 5%, é dicir, alcanzar o pleno emprego tal e como o entenden os expertos.Sodes incribles,seguro que vos credes esta información.Repito: Non me chames iluso por que teña unha ilusión.Podía analizar estes datos mais en profundidade , pero penso que os propios datos descalificanse por si solos .

MONTE FARO VAI CREAR 200 EMPREGOS.

Só empregos directos vanse crear entorno a 200, é dicir 10 veces máis dos que calcula o portavoz do BNG. Pero ademais, como din os expertos, cada emprego directo acaba xerando tres indirectos: Acabo de Chamar as 9:30(27-10-06) o Campo de golf do Castrove para preguntar canta xente traballa neste campo. “Por que o mellor traballan 200 persoas” . Chamo o seguinte número 986680533 pero, non me colle ninguén.É posible que esten traballando 50 ,100,ou 200 persoas no campo de golf as 9:30 non me colle nadie o telefono ?? .O final non podo afirmar cantas persoas traballan no Castrove , a ver se teño sorte maña e sei cantas persoas traballan.

Nota:Cando teña coñecemento do dato concreto volo comunico.Igual teñen razón,pero polo ocorrido non lle vexo moitas trazas.

“...hai excesivo ladrillo, o máis útil é consultar os datos. Sanxenxo ten unha extensión de 4.500 hectáreas, das cales só 1.685 son de solo urbano ou urbanizable, é dicir o 37 % do total.: señores do goberno de Sanxenxo hai que saber o alto valor paisaxístico e natural que ten o concello de Sanxenxo é que hai que protexer non é cuestión de números si non de protección ambiental.Un exemplo,para que o entendades:

A Illa de Ons ten 414 hectáreas de superficie .Podiamos ser demagóxicos e dicir quen 100 hectáreas poden ser urbanizables xa que o 75% esta protexido.Mais eu penso que a protección da paisaxe non é cuestión de cifras.

Nota: os datos que dispón o concello no son os mesmos que dispón Salvemos Sanxenxo. Pero dámosllo por validos

“ O 63 % restante, é dicir 2.815 hectáreas, corresponden a solo que ten algunha protección sexa paisaxística, ecolóxica, servidume de costas, etc. Estes son datos reais e o demais son interpretacións interesadas ....”

A costa non esta protexida se non que llo pregunten a Francisco Villaverde .

Eu polo menos non teño ningún interes en alterar as cifras por que son un cidadán independente. Dedicome o meu traballo e os meus estudos.

Pero señor alcalde ti tes un construtora é eres alcalde nun concello no que se van facer o redor de 9500 vivendas nunha localidade de 17000 habitantes. Pregúntoche: Non terás ningún motivo para alterar os datos???.

Este texto podíase seguir analizando,pero estou canso polas horas nas que o estou a escribir .Ademais hai certa xente ou persoas que non me dan o suficiente alento para seguir a elaborar este texto .Porque esas persoas os cartos ou a súa ideoloxía non permiten ver a realidade.e Por moito que llo expliques nunca quererán entendelo.

Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial