Salvemos Sanxenxo

15 junho 2006

Artigos e Opinión

  • Negocios no Bar
Concello de Sanxenxo en turbias sucursais do negocio inmobiliario.
O alcalde e os seus concelleiros sen reparos utilizan a confianza outorgada pola cidadanía nas urnas para poñerse, coa eficiencia dun delegado comercial, ao servizo de grandes promotoras ou, peor aínda, converterse en cómplices do branqueo de diñeiro de poderosas mafias organizadas. Detrás de todos eles, o mesmo motivo.
O urbanismo é a actividade legal que maior e máis rápido enriquecemento permite. Todo o que participa directamente no proceso pode obter xugosos beneficios sen excesivo esforzo. Os propietarios ven como o valor das súas leiras multiplícase, os intermediarios permítense vivir das comisións, os empresarios amigos do alcalde atopan sempre unha paisaxe susceptible de transformación, os concellos fan caixa e o alcalde e os seus concelleiros ofréceselles a oportunidade de “solucionar” o seu futuro en dúas lexislaturas.
A recalificación urbanística no actual marco legal abre de pau a pau a porta da perversión do sistema desde o seu mesma base,no concello de Sanxenxo.

As promotoras adquiriron chan rústico e forestal a un prezo moi inferior do que terá unha vez recalificado no ano 2003 polo Pxom de Telmeitor . Para iso válense da figura do intermediario, xeralmente alguén próximo ao goberno municipal que inspire confianza aos diferentes propietarios de chan. O seu labor consiste en convencerlles da magnífica operación que lles ofrece. Se os terreos son especialmente suculentos, non dubidan en insinuar a posibilidade dunha expropiación ( nos 30 s.u de Sanxenxo é posible).

Os propietarios dos terreos, cren resolto o seu futuro coa inxección económica que reciben. A súa primeira reacción, como a quen lle tocou a lotería, é a de render visita aos concesionarios de automóbiles de alta gama. As leiras que deron para comer a moitas xeracións pasarán a ter desde ese momento catro rodas e un emblema estrelado.

O Concello de Sanxenxo, pola súa banda, unha vez pactada a recalificación, empezan a dilapidar parte dos beneficios. De forma inmediata obteñen o 10% de chan recalificado en concepto de cesión (que adoitan canxear por cartos). Chegarán máis tarde os ingresos diferidos que proporcionan as licenzas das novas vivendas (entre 3.000 e 6.000 Euros/vivenda). En función da “habilidade” de Telmeitor e os seus socios do ladrillo , o concello pode negociar algún que outro equipamento ou infraestrutura municipal. Unha mínima campaña mediática farán que o novo mercado ou o futuro concello “validen” a xestión municipal a ollos duns cidadáns que descoñecen o meollo das operacións e as consecuencias que se derivarán das mesmas.

O agradecemento público das promotoras ao goberno municipal tradúcese en patrocinio de feiras, eventos e demais parafernalias. O privado, cando se dá, concierne ao particular sentido ético de alcaldes e concelleiros, podendo cobrar en forma de bolsa de plástico, de “chalé” na praia, ou de ambas cousas.

Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial