Salvemos Sanxenxo

18 junho 2006

Noticia Bomba

  • Galicia proxecta máis vivendas que as previstas en toda a Costa do Sol
A edificabilidade dos 1.700 quilómetros de franxa marítima aumentará un 75% cos novos plans
Os concellos costeiros galegos programan 600.000 pisos

Os concellos costeiros galegos prevén edificar entre os próximos 5 e 10 anos un total de 600.000 novas vivendas, un 75% máis das existentes na actualidade e por encima ata das 540.000 planificadas polos municipios da Costa do Sol. A cifra está contida nos novos plans xerais que presentaron ou elaboran os concellos, todos con importantes recalificacións para incrementar a edificabilidade.
Neste momento xa hai en marcha 45 grandes urbanizacións, a maioría delas negociadas bilateralmente baixo a fórmula de convenio urbanístico, e á espera dunha recalificación definitiva nos novos plans municipais. As negociacións entre inmobiliarias e alcaldes inclúen a construción na costa galega de 17 novos campos de golf de 18 buracos (agora hai 4) e de 24 novos portos deportivos (agora hai 43).
Os PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal) que xa están redactados e pendentes de aprobación inclúen 573.516 novas vivendas; as previsións municipais dos que aínda non teñen PXOM elaborado calculan 30.000 máis.
O 80% recalifica
O 80% dos municipios da costa galega están elaborando novo planeamento, que na maior parte dos casos tratarase do primeiro PXOM da súa historia.
Se se cumpren as previsións dos máis de 80 alcaldes consultados pola Redacción da Voz, a costa galega saltará nunha década das 816.000 vivendas actuais a 1,4 millóns de pisos, chalés e apartamentos.
Medido en presión poboacional, o litoral galego pasará dunha capacidade para soportar puntas de 4 millóns de visitantes, a máis de 7 millóns de residentes.
Unha parte das vivendas planificadas buscan o crecemento poblacional propio dos concellos. Con todo, máis do 60% das edificacións previstas estarán dedicadas a segunda residencia, tanto para o mercado galego como para ser comercializadas no resto de España e países do norte de Europa.
Algúns concellos que xa dispoñen deste tipo de vivenda de segunda residencia para o veraneo, como é o caso de Sanxenxo, ofrecen cifras do 60% de vivendas desocupadas.
Os promotores inmobiliarios mostraron a súa sorpresa. «Dito así -explica un empresario-, 600.000 vivendas é unha cifra descomunal. Pero a Costa do Sol ten 15 municipios e 160 quilómetros de franxa costeira, a décima parte que Galicia»

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial