Salvemos Sanxenxo

18 junho 2006

NOTICIAS BOMBA

  • O PXOM outorga ao Concello unha bolsa de chan de 70.000 metros

O beneficio obtense grazas ao desenvolvemento de 14 chans urbanizables do Plan Xeral

O Concello obtivo preto de 70.000 metros cadrados de vivendas grazas ao dez por cento do aproveitamento urbanístico que lle corresponde en cada chan urbanizable. Se lle atribuímos unha media de 80 metros cadrados por residencia, o Concello podería dispoñer de preto de 875 pisos.

Segundo apuntaron fontes do Concello, esta bolsa de chan urbanizable podería pasar a ser xestionada pola sociedade inmobiliaria Ínsula Sanxenxo, que será constituída nun breve espazo de tempo. No entanto, matizou o Concello, como o desenvolvemento dos chans corresponde aos promotores, o Concello procedeu á venda da súa edificabilidade no chan número 11, en Miraflores, co que comprou os terreos de detrás do templo novo nos que Ínsula construirá as súas primeiras sesenta vivendas.

En total son catorce polígonos do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) os que xa recibiron a súa aprobación definitiva. Deles, o Concello trocou o seu 10 % tan só en dous casos: a anteriormente citada de Miraflores y a do chan urbanizable número 3, situado no lugar de Arra. O total da edificabilidade que corresponde ao Concello é de 76.868 metros cadrados, que restados os chans 3 e 11, arroxa unha cifra exacta de 71.418 metros.

O goberno local quixo destacar tamén a elevada porcentaxe de cesións públicas logradas en cada chan, que equivalen ao 58 % do total do terreo urbanizable. As cesións obrigatorias, segundo fontes municipais, é do 30 %.

Dun total de 771.454 metros cedidos, 284.994 corresponden a zonas verdes, 76.868 a equipamentos públicos e 332.724 a viarios públicos, ademais dos 76.868 que corresponden ao aproveitamento urbanístico do Concello.

O outro 42 % de chan corresponde ás vivendas que construirán os promotores, que alcanzarán un total de 2.722 residencias. Os desenvolvementos tamén supoñerá a creación de 14.521 prazas de aparcadoiro .

Ademais, o goberno local quixo tamén defender o modelo urbanístico do PXOM, que foi aprobado fai case catro anos. As alturas dos novos edificios oscilan entre baixo, dúas plantas e ático e baixo máis unha planta e ático. «Trátase -segundo dixo o Concello- de alturas similares a unha vivenda unifamiliar e xa que logo teñen un escaso impacto na paisaxe».

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial