Salvemos Sanxenxo

16 junho 2006

Salvemos Informa 10

  • Outra gran empresa inmobiliaria no noso concello
10-2-06 Acciona, adquiriu recentemente 31.886 metros cadrados de edificación neta, na parroquia Noalla, a menos dun quilómetro das praias da Lanzada e A Lapa.
A operación supoñerá un investimento 62,37 millóns de euros, segundo informou a propia compañía inmobiliaria.
O estudo prevé o desenvolvemento de 230 vivendas en dúas fases. As vivendas entregaranse de xeito sucesivo en novembro de 2008, maio de 2009 e xaneiro de 2010.
A metade da superficie será destinada construción de vivendas colectivas, cun total de 157 pisos, mentres o resto empregarase na edificación de 73 residencias unifamiliares.
A primeira fase da obra supoñerá un investimento de 45 millóns de euros, mentres que a segunda, supoñerá un desembolso de 17,37 millóns.
Acciona é outra das grandes empresas inmobiliarias que compra chan en Sanxenxo. A compañía Fadesa tamén construirá residencias na localidade. Ten previsto a edificación de 429 vivendas no alto de Miraflores, na parroquia de Padriñán. Trátase dun dos chans urbanizabeis máis importantes do municipio pola súa posición.

Etiquetas: , ,

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial