Salvemos Sanxenxo

18 junho 2006

ssss

A conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, á vista da tsunami de queixas xurdidas nas últimas semanas, recorda que a política urbanística do seu departamento ten tres bases: preservar os valores do territorio, e evitar agresións urbanísticas, que segundo ela proliferaron moito nos últimos anos(A ver se é verdade), sobre todo nas zonas costeiras; a defensa da legalidade urbanística; e velar polos interéses supramunicipais.
Así o apuntou durante o inicio das obras da autovía do Salnés, nun acto ao que asistiron diversos alcaldes da comarca, entre eles o de Sanxenxo, Telmo Martín -que acaba de ver como Política Territorial emitía un contundente informe contrario á modificación da súa PXOM para encaixar ronda- pero Caride non quixo dar ningún nome. A conselleira manifestou, iso si, que Galicia carecía ata agora dun modelo urbanístico coherente para articular todo o territorio, e alegou que "nós non queremos crecer dunha forma que faga imposible o noso desenvolvementoque cren "seguridade xurídica" e non xeren problemas a posteriori.
Competencia municipal
"Nós -engadiu- non estamos tratando de limitar as pretensións lexítimas dos concellos de crecer, senón que queremos garantir aos cidadáns que o crecemento sexa razoable".
Tamén manifestou que "non queremos meternos en cousas de urbanismo municipal, pero si queremos velar pola legalidade e o modelo de país que queremos".
A conselleira agregou que antes hai que solucionar problemas básicos, como o saneamento, para evitar casos como a denuncia da Unión Europea contra a contaminación de rías

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial