Salvemos Sanxenxo

07 setembro 2006

Noticias de Sanxenxo

  • O concello de Sanxenxo concentra o 10% dos pisos baleiros
    07/01/2005 La voz de Galicia

    Algo máis de cen de cada mil pisos baleiros na provincia concéntranse en Sanxenxo. O municipio cun dos prezos medios por metro cadrado máis elevados da provincia ten máis vivendas sen inquilinos que ocupadas. Porque se as familias renunciasen a vivir xuntas, o municipio tería para ofrecer á xente empadroada case unha vivenda por cada habitante.
    Das 13.585 residencias que se construíron no concello, só 4.719 teñen moradores habituais. O resto permanecen desocupadas a maior parte do ano.
    O groso do parque inmobiliario baleiro non o constitúen pisos de segunda residencia. Só 1.875 figuran como tal. Os 6.991 restantes son vivendas que contribúen a inflar o mercado especulativo do chan, segundo os expertos. Trátase de pisos que se compran, ou ben para especular ou para alugar en tempada turística, sen que durante o resto do ano contribúan a dinamizar un mercado de aluguer nin se poñan á venda para ampliar a oferta existente.

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial