Salvemos Sanxenxo

06 setembro 2006

O Día: Salvemos Informa

Sanxenxo posúe 30 S.U.en toda totalidade do concello.
O Pxom feito no ano 2003 por o señor Telmo Martín engadiu un Novo termo os suelos urbaniazables. Quen non ten escoitado neste últimos tempos "teño que vender en Monte Faro se non exprópianme o terreo".
Que son os zaos ou S.u.?
Esta é a explicación, que convén ler con calma, de que é e que fai un axente urbanizador nos S.u.:
O axente urbanizador, que a lei galega denomina concesionario de obra pública . Trátase dun promotor inmobiliario, escollido por cada concello mediante un concurso, para construír edificios ou chalés nunha ampla zona urbanizable (S.U.) Unha vez comprobada a súa solvencia, calculado o prezo dos solares trala recalificación e presentado o proxecto de urbanización, o axente ha de esperar dous anos (durante os que debe negociar compras cos propietarios das leiras) antes de poder expropiar.(isto é o que esta ocurrindo en Festiñanzo S.u.9,Faro...)

Dous anos logo de obter a adxudicación dunha urbanización, o citado axente ten potestade para expropiar leiras e casas, con ou sen o acordo dos propietarios. A cambio, o promotor ten a obrigación de abonar unha indemnización -o prezo calculado para cada propiedade- a cada particular, quen terá facultade para escoller se cobra en metálico ou mediante unha parte da obra que se realice.
  • Que é unha Xunta de Compensación?
O proceso adoita comezar cando o Concello decide que nunha determinada zona pódese construír unha urbanización e establece que tipo de sistema utilizarase. Un dos máis habituais é o da xunta de compensación. As empresas van comprando terreos ata obter polo menos o 51% da superficie que necesitan. Despois intentan que o resto dos propietarios convértanse tamén en promotores da obra e paguen os gastos das rúas, saneamento e outras instalacións. A cambio poderán recibir unha ou varias vivendas segundo o chan que cedan. Para aqueles que teñan os recursos suficientes para investir, a recalificación dos terreos pode converterse en todo un negocio, pero non todos os afectados teñen diñeiro. E aquí é onde comezan os problemas.
Os que non queiran ou poidan sumarse á xunta de compensación serán expropiados. É o Concello o que, segundo a lexislación, debe establecer o Prezo xusto, pero este afástase case sempre dos valores do mercado. Os casos máis sangrantes, aínda que non os máis habituais, ocorren cando hai vivendas por medio.
Dous son principalmente as argucias legais empregadas polos municipios, o valor catastral e a denominada vía de urxencia. Gran parte dos expedientes que chegan ao xurado de expropiación -o primeiro tribunal que pode corrixir o prezo marcado e que, de feito, faio a diario- utilizan a cantidade que figura no catastro. Este adoita estar desatualizado, polo que se pode chegar a ofrecer 10.000 euros por unha vivenda. O uso do valor catastral, ademais, non se corresponde co que marca a lexislación sobre expropiacións, que establece un complexo método de cálculo en base ao que se denomina valor residual.

  • Nota: No noso concello dos 30 S.u. solo se fixo a xunta de compensación nos siguientes S.u:nº 1 sito no lugar de Os Cotos – Dorrón B.o.p, S.U. 19 :Cabicastro-Adina-Sanxenxo...
Un axente privado con poderes propios dun xestor público. Un monopolio en lugar dun mercado. Un promotor con poder absoluto sobre un territorio e sobre os seus ocupantes e propietarios.Unha vergoña que intenta o señor alcalde tapar invirtindo120000 euros en publicidade enganosa.
  • Solicitantes e dimensións dos S.u.s


Situación
Superficie Vivendas Compromisos de urbanización
Colectiva Unifamili. Solicitante Empresa
1 A Granxa 102.050 25.818 25.818 Pedro FernándezEstevez EntrerregosS.L./Pedrafurada

2 Pombal(Adina)15.036 4.781 3.188 Elvira García Prieto e 1 máis

3 Arra 9.002 4.501 Luis Garayzabal Enjuto

4 Aios 30.136 9.041 Lino Pedreira Bergaña

5 Eroski 54.759 29.654 Alvaro Pedrosa Fernández EROSMERIBÉRICASA(EROSKI)

6 Noalla 15.695 6.278 Rafael Rodiño Bermúdez Exclusivas Promocasa Comercio

7 FoxosLanzada 27.458 8.237 5.492 Julián Güimil Calvo LANZADA SOL S.L.

8 A Granxa 81.537 20.384 20.384 Andrés Ramón Corbal Durán CONPRO CAEIRA, S.L.

9 Festiñanzo 130.000 39.030 José Manuel Otero Rey e 7 máis

10 A Costiña 50.000 En execución EMPROSAL 16

11 Miraflores 142.868 30.002 20.001 Alfonso de la Cierva Moreno ALTOS DE MIRAFLORES S.L.

12 Noalla 71.107 17.778 17.778 José Manuel Vidal Otero

13 Monte Faro 299.175 64.622 64.622 Concello de Sanxenxo

14 Monte Faro 336.901 72.770 72.770 Concello de Sanxenxo

15 Polígono Ind. 650.300 Manuel Barbeito Fernández e 25 máis

16 Padriñán 30.325 6.065 6.065 José Cacabelos Carballa e 5 máis

17 Padriñán 29.736 5.947 5.947 Fernando Lafuente Lestón

18 Montalvo 13.490 6.745 Mª Rosario Castro Fernández JOLVA S.L
.

19 Cabicastro 20.630 4.126 José Manuel Uhía Domínguez

20 Canelas 20.682 10.341 Manuel Cortizo Medal

21 Adina 48.450 24.225 Fco. Javier Casas García

22 Major 69.980 27.992 Fco. J. Aguín Magdalena e 5 máis

23 Pociñas 24.856 6.287 6.287 Jesús Garriga Paz

24 Soutullo 96.464 38.586 José Manuel Vidal Otero e 11 máis

25 A Lanzada 66.925 20.077 Sabino Piñeiro Padín e 8 máis

26 Revel-Vilalonga25.822 12.911 Epifanio Piedras Fernández e 5 máis

27 Altamira 80.972 32.389 Manuel Outón Torres e 3 máis

28 Bouzón 18.780 7.512 Jesús Guzmán Cortegoso

29 Aldariz 39.540 15.816 Felix de la Calle Montalvillo POMBAL DE BORDONS S.L.

30 Padriñán 21.080 12.100 Carlos Telmo Torres PROMOCIONES FABAL S.L.

T O T A I S
2.623. 756 292.345 520.022

Etiquetas: , ,

1 Comentários:

  • -Así que vas a facer unha casa?
    -Si. Xa temos o terreo. Só nos falta a licenza para empezar a obrar.
    -Logo cha darán. E despois a por ladrillos!
    -Non te creas. Xa fai moito tempo que a solicitamos pero está todo paralizado …
    -E logo?
    -Nah, parece que algún peixe gordo está preparando un pelotazo urbanístico-especulativo e os do concello estanlle a preparar o terreo. Xa sabes, un pon o carallo e outros poñen a vaselina.
    -Que cabróns!
    -Isto estache montado así. Mellor calar e mirar para outro lado, que o que se move non sae na foto.
    -Non o entendo. Especular neste concello de merda que somos catro gatos? Non vexo eu moito negocio.
    -Desengánate que aquí, o máis parvo fai reloxos.
    -Merda de país!
    -Supoño que entendes agora porque tódalas mafias do mundo se instalan aquí. Están coma na casa.

    ...

    Por Anonymous Anónimo, Às 6:01 da tarde  

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial