Salvemos Sanxenxo

07 setembro 2006

Artigos e Opinión

  • Bye, Bye Telmeitor!!

Telmeitor Martín González, ex-alcalde de Sanxenxo. A vila mariñeira que é o paradigma da marbellización en Galicia; onde os guindastres érguense como setas logo das primeiras choivas do verán, onde se ofrece a Galicia de chaleciño e mariscada que tanto aprecian e potencian algúns empresarios políticos.
Telmeitor Martín escapa de Sanxenxo onde vía difícil , a reelección logo dunha moi polémica xestión en beneficio dos seus intereses empresariais para dar o salto (asalto) a un obxectivo maior: a capital da provincia.

Unha capital que está en plena revisión da súa PXOM (Plan Xeral Organización Municipal), e cunha manobra especulativa en cernes cando se produza o traslado efectivo da papeleira de ENCE fóra de Lourizán, deixando unha enorme superficie urbanizableá beira mesmo da ría, nuns terreos que revalorizaranse brutalmente coas firmas adecuadasdos políticos de turno. Desde logo, Pontevedra é un caramelo para este empresario e destrutor da paisaxe. Unha inmellorable oportunidade para facer negocios.

Porque este señor é copartícipe 17 empresas como podemos ollar n
o rexistro mercantil de Pontevedra o señor alcalde figura como ADMINISTRADOR-CARGO nas empresa seguintes:
REXISTRO MERCANTIL DE PONTEVEDRA
LISTADO DE SOCIEDADES EN LAS QUE FIGURA DE REPRESENTANTE SOCIAL

1-­GALATAIMAR SL B36856912
2-GRUPO INDUSTRIAL MARTIN TABOAS SL ( B36946614)

3- CONSTRUCUATRO GRUPO INMOBILIARIO SL ( B36489771)
4- M. C. S. NATRADIS SL ( B36952323)
5-GRUPO INMOBILIARIO ATLANTICO SUR SA (A36348985)
6-GRUPO INMOBILIARIO MARTIN TABOAS SL (B36965747)

7-INVERSIONES MARTIN TABOAS SL(B36965754)
8- TEYDICO SL ( B80738818) Madrid
9-MG INVERCASA SL(B36192839)
10-HIERROS SANTA CRUZ SANTIAGO SL (B15481146 A Coruña)
11-MG. PROCASA SL (B36213973)
12-INMOBILIARIA AV. URUGUAY SL (B36236255)
13-PEREGRINA DE GESTION SL (B36316636)
14-PROMOCIONES LORDELO SL (B36845105)
15-EDELMIRO VAZQUEZ Y HERMANO SL (B36000149)
16- HIERROS SANTA CRUZ SL(B36012318)

17-CONSTRUCUATRO SA(A36142065)

Desta última empresa, dise que medrou como a espuma cos gobernos do Partido Popular, e a súa excelente relación co Ministro de Fomento: Álvarez Cascos e por outro gran empresario metido a político por devoción é Xosé Cuiña, , que veu medrar as súas empresas como cabazas nun campo ben abonado. Dende logo, o abono que lle botaron debía ser do mellor, porque cheira a podrecido a quilómetros.

De Construcuatro non hai máis que dicir que é unha promotora inmobiliaria nunha zona de costa.
E é posible que os pontevedreses déanlle a maioría absoluta que necesita para gobernar a este señor, que asinará contratos cunha man e recualificacións de terreos coa outra (admitamos que polo menos cambiase de man ¡aínda que sexa de boli! para asinar, agora como empresario da construción, agora como alcalde).

Etiquetas: ,

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial