Salvemos Sanxenxo

05 outubro 2006

Artigo de interese

  • Poderiase lograr que se construíran máis vivendas con criterios ecolóxicos?
Os criterios ecolóxicos e sociais non esixen que non se constrúan máis vivendas. Non é só unha cuestión de como construír, senón de cando e onde construír. En Sanxenxo hai miles de vivendas baleiras e con todo proxéctanse máis de 10000 para os próximos anos, que case triplicaría a poboación en caso de habitarse.Hai demanda para esas vivendas??Esta pregunta non me toca responder a min se non o tempo o dirá.

O crecemento en Sanxenxo a de ser
cara ao interior; os espazos naturais da costa deben preservarse. En particular, hai que evitar o modelo "Marina Dor con campo de golf (Faro) ", o paradigma da insostenibilidade.

Tamén é preciso comprender que a cuestión da
especulación urbanística é un problema do concello que afecta a todos o cidadáns (Polo tanto tamén dos construtores do noso concello), que está destruíndo o noso patrimonio, que se basea na gran mentira dun suposto desenvolvemento que en realidade é riqueza para uns poucos e desastre para o resto, que está xerando desigualdade e segregación social sen precedentes. O cidadán ha de concienciarse de que o urbanismo que hai hoxe en Sanxenxo non é desenvolvemento senón destrución, o maior problema do concello.

A espiral especulativa infla artificialmente o prezo da vivenda ata facela inaccesible para enormes sectores da poboación, á vez que empeoran as condicións de vida ao saturarse as infraestruturas e masificarse o territorio. Por outra banda, estanse
destruíndo valores e a identidade fundamentais da cultura: a paisaxe, a cultura local e o contorno natural, que son emprazados polo formigón e o modelo estandarizado, insostible e globalizado dunha cultura de masas ultraliberal.
Image Hosted by ImageShack.us

Nota:Unha última cousa,tras recibir no noso e-mail algúns mensaxes de algunhas construtoras décimos o seguinte:-¿Hai algunha empresa do sector da construción que se salve?
Descoñecémolo (Non entramos en valorar as opinións das construtoras) .

Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial