Salvemos Sanxenxo

01 novembro 2006

Salvemos Informa

  • O desenvolvemento do Plan Xeral de Ordenación Municipal de
    Sanxenxo (PXOM) experimentou un gran avance nos últimos meses e xa contempla a construción de 2.722 novas vivendas.
Actualmente e despois de que pasen tres anos e medio desde da aprobación do Pxom- en febreiro de 2003-, a Xerencia de Urbanismo xa deu luz verde a practicamente a metade dos trinta chans urbanizables que contempla o planeamento. En concreto, aprobou definitivamente catorce deles(con ubicaciones diversas polas sete parroquias do municipio), o que supón a construción de 2.722 novas vivendas, un das que se prevén cando estas trinta bolsas de chan completen o seu desenvolvemento urbanístico. Este proceso prolongarase, segundo estimacións do Concello, ao longo dos próximos quince anos. Hai que ter en conta que pese a que case a metade dos chans urbanizables pasaron a preceptiva tramitación, o desenvolvemento propiamente dito só comezou en dous deles, no Parque Empresarial de Nantes e no lugar de Bouzón, tamén na mesma parroquia. Trátanse dos chans urbanizables números 15 e 28 respectivamente. Estímanse que estas trinta bolsas de chan xeren 6.914 casas novas aínda que o equipo de Goberno matizou onte que esta cifra pode aumentar en 400 ó 500 vivendas unha vez que se detalle cada plan parcial. A este número sumaranse as previstas polo desenvolvemento dos PEI e PERI, os chans situados nas vilas.

Vivendas de nova construción previstas no PXOM de Sanxenxo
Actualmente, o municipio ten xa sete mil vivendas baleiras, polas 5.500 que permanecen habitadas por veciños residentes en Sanxenxo. O incremento de poboación en tempadas turísticas orixina picos de consumo de auga inasumibles.


As casas proxectadas ata a data contan con alturas similares a unha vivenda unifamiliar, oscilan entre baixo máis dúas plantas e baixo máis unha planta. Xa que logo, cun escaso impacto na paisaxe , apostillou o grupo de Goberno do Partido Popular. O maior número de vivendas construirase, polo momento, na parroquia de Dorrón. Levantaranse 510 casas no lugar de Os Cotos-correspóndese co chan urbanizable número 1- e outras 407 na Granxa-chan urbanizable número oito. Tamén é significativa a cifra de vivendas previstas en Miraflores, no chan urbanizable número 11, que promoverá o gran grupo inmobiliario Fadesa. Levantará 429 casas de estilo mediterráneo. Os chans urbanizables números 5 e 27 tamén exceden as cen vivendas en cada un deles. Un total de 300 crearanse en Seixal (Padriñán)-onde se ubicará un Eroski- e outras 200 en Altamira (Vilalonga). As zonas con menor número de casas, ata o momento tramitadas no PXOM, son Arra (Adina) onde se levantarán 36 casas, Fontenla (Noalla) con 47 e Bouzón (Nantes) con outras corenta e sete. En total, as 2.722 casas que contempla ata a data o desenvolvemento do planeamento urbanístico de Sanxenxo.

Etiquetas: , ,

2 Comentários:

  • Mi sincero y total apoyo a este usuario que critica el boom urbanísco, que de modo exacervado, se llevó a cabo en sanxenxo y se pretende llevar a cabo en nuestras costas.
    Yo soy de Pontevedra, y realmente me asusta tener a Telmo Martín como candidato a la alcaldía por el PP. No me gustaría que Pontevedra, al cabo de los años, se convirtiese en una Marbella más, de las muchas que a día de hoy se conocen. Y además de ello, se enriquezca aquí, el propio alcalde y sus secuaces del PP pontevedrés. No m extraña que en Sanxenxo, estéis quemados. Ojalá todo cambie, y se pongan medidas, a nivel estatal, que garanticen el NO enriquecimiento de estos personajes. Y así están las cosas, mientras esperamos la utópica aunque no imposible de alcanzar, socialización del suelo.

    Por Anonymous Anónimo, Às 4:32 da tarde  

  • Pontevedra nunca sera una Marbella, porque no tiene ni clima, ni playas para serlo, solo tiene un rio contaminado en el cual te metes con 2 piernas y sales con 4.


    Saludos

    Por Anonymous Anónimo, Às 6:24 da tarde  

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial