Noticias
- A protección do litoral en 500 metros desconcerta aos concellos.
Só en Sanxenxo o proxecto de Caride podería comprometer máis de oito chans urbanizables S.U.
O concello de Sanxenxo podería ser un dos máis afectados pola medida, con máis de oito chans urbanizables(S.U.) dentro da nova franxa de protección do litoral. A prohibición de realizar actuacións urbanísticas nesta zona podería comprometer a construción preto de 2.000 vivendas ao longo da costa do municipio e frustrar negocios millonarios.A superficie que podería resultar afectada sería próxima aos 500.000 metros cadrados que ocupan os once chans urbanizables da costa de Sanxenxo, a maioría rozando a franxa dos 200 metros que esixe a actual lei(Ou en moitos casos sendo inferiores aos 200m). A unha media de 120 euros o metro, o terreo superaría os 50 millóns de euros.
A pesar da incerteza creada polo conciso anuncio da conselleira de Política Territorial, a maioría das fontes consultadas afirman que os chans urbanizables aprobados definitivamente con anterioridade á lei que pretende aprobar a Xunta nun prazo de seis meses, non resultarán afectados por esta. O goberno local do municipio rehusó facer valoracións sobre os plans de Caride.
- Os chans urbanizables da costa en Sanxenxo
-
S.u.
A Granxa
Extensión
102.050Aprobado
Noalla
15.695Aprobado
Foxos-Lanzada
27.458Aprobado
A Granxa
81.537Aprobado
Festiñanzo
130.000 Sen Aprobar
Major
69.980 Sen Aprobar
Pociñas
24.856 Sen Aprobar
Soutullo
96.464 Sen Aprobar
Montalvo
13.490 Sen Aprobar
Cabicastro
20.630 Sen Aprobar
Canelas
20.682Aprobado
Información relacionada con esta noticia:-Novas da Xunta de Galicia
Etiquetas: Salvemos informa, Salvemos informa1


