Nº 11 — Martes 16 enero 2007 BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA 45
- Aprobación inicial do Proxecto de Compensación da Xunta de Compensación do S.U. 8 sito en A Granxa-Dorrón, do PXOM de Sanxenxo
A Asamblea Xeral da Xunta de Compensación do S.U. 8 do PXOM de Sanxenxo, en sesión extraordinaria celebrada o día 29 de novembro de 2006, adoptou o acordo de aprobar inicialmente e someter a información pública de todos os afectados, o Proxecto de Compensación do S.U. 8 do PXOM de Sanxenxo.
O que se fai público en cumprimento do artigo 157.3 da Lei 9/2002 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, e modificada pola Lei 15/2004, de 29 de decembro.
Sométese este proxecto a exposición pública por un prazo de 20 días a contar dende o día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP, para xeral coñecemento.
O documento aprobado inicialmente estará exposto ó público nas dependencias da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Sanxenxo, sito na rúa Cesteiros nº 14 de Sanxenxo.
Sanxenxo, a 10 de xaneiro de 2007.—A Presidenta, Catalina González Bea.
Etiquetas: BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA
0 Comentários:
Enviar um comentário
Subscrever Enviar feedback [Atom]
<< Página inicial