Salvemos Sanxenxo

31 janeiro 2007

Artigo de opinión: “O Día dos Humidais”

Artigo de opinión: “O Día dos Humidais”

O día 2 de febreiro, o goberno local impulsa, xa por terceiro ano consecutivo, “O Día dos Humidais”, por iso uns 150 alumnos visitarán, tamén por terceira vez, as lagoas artificiais de Arnosa, como parte do Complexo Intermareal Ons-Umia. Con isto preténdese sensibilizar a conciencia medioambiental do alumnado de Sanxenxo. Certamente está é unha labor que debe ser obxectivo de todo goberno local, quen a súa vez, debe ser sensible co medioambiente.

Pero despois de 3 anos de visitar sempre a mesma zona húmida, a do Norte de Sanxenxo, parece que hai certa intención, por parte do goberno local, do ocultar a zona húmida do Sur do concello. A zona Sur húmida de Sanxenxo está formada polos humidais do Espiñeiro, Barbeito e Baltar que recollen a auga da conca formada polos montes de Fontoira e Monte Faro. Esta auga discorre permanentemente polos ríos Fabaiños que se apacigua coa esponxa do humidal de Barbeito e polos ríos Carballeira, Valiejos e Baltar que encharcan a area de praia que forma o subsolo do humidal de Baltar.

O bo funcionamento desta zona húmida é básico para a seguridade dos veciños de Portonovo xa que dota a Portonovo dunha extraordinaria capacidade de contención de riada. Unha proba de que hai correntes de auga subterráneas importantes é que os edificios que se están construíndo no humidal, xa presentan ocos importantes baixo a súa base formigonada.

Os veciños sempre pediron que se protexese a estas zonas húmidas xa que aínda que están catalogadas como tales, non existe protección algunha máis que a que lle aporta a propia Lei de Augas.

O goberno local, en lugar de buscar a súa protección medioambiental, loitou e con ansia, por todo o contrario, facendo un plan urbanístico que supón a destrucción total desta zona húmida, incluído a desaparición do río de Valiejos. Non se pediu un informe serio que seguro que avalaría o exposto aquí xa que o que se buscou nos informes foi poder edificar, e non protexer o veciño. O Plan Urbanístico nin sequera respecta a propia Lei de Augas e todo por dar cabida as ansias especuladoras do solo e do ladrillazo.

A pesares de ser grave o dito, que antepón o beneficio particular ó medioambiental, o máis irritante de todo, é que no Día dos Humidais, se pretenda ocultar esta zona húmida ós alumnos de Sanxenxo.

mércores, 31 de xaneiro de 2007


Etiquetas:

2 Comentários:

  • Pronto Telmo Martin se querellara contra o Pais e contra german Prieto po la finca de peña

    Por Anonymous Anónimo, Às 10:07 da tarde  

  • Estamos esperando.

    Por Anonymous Anónimo, Às 4:58 da tarde  

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial