Salvemos Sanxenxo

22 janeiro 2007

Lei de Medidas Urxentes de Ordenación do Territorio do Litoral de Galicia

  • Sobre o asunto de prohibir edificar a 500 metros da costa:

Todo fume é nos S.O.S,indefensos diante dos especuladores: o Mar,a paisaxe e mais nós .


Tras o impacto do xoves pasado sobre o caso Festiñanzo , Salvemos Sanxenxo imos a analizar toda a información que temos sobre a Lei de Medidas Urxentes de Ordenación do Territorio do Litoral de Galicia :

O contido proposto para a Lei de Medidas Urxentes de Ordenación do Territorio e do Litoral de Galicia, según o contido que se coñece oficialmente, que é a nota de prensa da Xunta, (outra cousa é o que poida saír ao final), non di na práctica nada novo que non este xa en vigor pola aplicación das leis 9/2002 e 15/2004, (as dúas por certo promulgadas polo goberno do PP).

O que di a proposta da lei non solo é de aplicación nos 500 primeiros metros dende a costa, se non en todo o país..., ¿por qué?..., polo seguinte:

1º. A proposta non vai a afectar aos concellos que teñan o seu PXOM adaptado as leis9/2002 e 15/2004.

2º. A proposta solo afecta aos solos urbanizables e urbanos non consolidados delimitados por planeamentos sen adaptar, os cales hoxe xa non poden desenvolverse si non se adaptan as leis 9/2002 e 15/2004, o que esixe na práctica polo menos unha modificación puntual do planeamento, a cal ten que ser aprobada pola CPTOP, polo que entra na súa discrecionalidade o de non aprobala si afecta a franxa dos 500 m. da costa, (aos 200 xa por Lei, aida que non se cumpla), así como si está preto dun río, si é terreo que no seu día ardera, si foi obxecto dunha concentración parcelaria, etc...

Conclusión, que sen Lei ningunha nova, hoxe solo se pode construír en todo o país en solo urbano consolidado, (no que parece que a lei que se propón non vai a entrar), e dentro de núcleos rurais tradicionais delimitados, (dos que na nota de prensa non di nada). Para todo o resto do territorio é imprescindible antes obter unha licenza municipal de obra, o ter unha autorización previa da CPTOP, e denantes informes favorables de todos os organismo que afecten a ese terreo, ben sexa porque se trata dunha obra autorizable en solo rústico, ben porque sexa unha obra nun urbanizable ou nun area de reparto en non consolidado que previamente ten que pasar pola aprobación dun instrumento planeamento e outro de xestión.

Resumindo, este asunto ben sendo algo así como si o ministro do interior anunciara unha nova Lei que vai decir que se vai prohibir circular sen levar o cinto de seguridade..., ¡¡¡Iso xa o dí o código de circulación vixente!!!...

Así que a Lei de Medidas Urxentes de Ordenación do Territorio e do Litoral de Galicia non deixa de ser unha reiteración do xa vixente, feita co ánimo de ter impacto mediático, (que non xurídico), un bluff para meter medo e ocultar que o problema real é que sistematicamente se publican leis para ser incumpridas, ou aplicadas discrecionalmente, ou, como o conto, predique abade, que por un oído me entra e polo outro me sae...

Etiquetas: ,

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial