Salvemos Sanxenxo

08 janeiro 2007

Manifesto

  • A carta contra a especulación e os delitos paisaxísticos en Sanxenxo :

Queridos Sres. Políticos, Construtores e Arquitectos:

Somos un grupo de mozos que queremos expresar a nosa opinión a situación na que se atopa a construción en Sanxenxo e por extensión a toda Galicia.
Antes de empezar gustaríanos deixar claro que non pertencemos a ningún partido político. Somos cidadáns. E é a nosa conciencia e ética como cidadáns a que nos impulsou a facer o blog e expresar respectuosamente a nosa opinión para que poida ser escoitada por vostedes, e se é posible, espertar tamén as súas conciencias e a súa ética profesional.

Ninguén nega a importancia das empresas construtoras para favorecer o desenvolvemento de calquera vila ou pobo. O problema é cando a construción convértese no único motor económico dun pobo ou un país, como leva pasando en Sanxenxo os úl
timos anos. Nese momento, a especulación convértese na moeda de cambio, e o que a curto prazo pode parecer riqueza e prosperidade é ao pouco desigualdade e pobreza. Os prezos da vivenda aumentan desproporcionadamente e ao non haber impulsado industrias alternativas nin fomentar a investigación, os mozos non temos outra alternativa que irnos fóra para desenvolver a nosa profesión.

Todos sabemos que a construción agora mesmo manexa moitos cartos, e se alguén nos preguntase ¿canto? diriamos que a cantidade suficiente para adormecer as conciencias de cidadáns responsables.

Os escándalos que saen nos medios de comunicación non son mais que a punta do iceberg de todos os casos que cada un de nós coñece. Basta con saír á rúa e pasear pola noso pobo para ver centos edificios que non cumpren nin respectan as alturas cos edificios colindantes, parques de cemento, recualificacions de terreos que permiten ata construción de vivendas nun humedal público . Mentres tanto as casas e edificios antigos(o concello), que forman parte da nosa historia, xa non esperan a ser restaurados, senón que son demolidos sistematicamente para construír novos edificios de dubidoso criterio estético. A estética dos novos ricos(Telmos e Catalinas), dos mármores brillantes, dourados, e luxo ostentoso é a norma.

O caso da construción de distintos S.U.,en Festiñanzo, A Granxa e Faro uns dos espazos máis fermosos de Sanxenxo, é o último dos motivos que nos trouxo ata aquí. Deberíanos facer reflexionar ata onde estamos dispostos a chegar para
que uns poucos obteñan beneficios. Non somos inxenuos e aínda que sabemos que esas urbanizacións ou destrución (segundo como se mire) é imparable, non queremos quedar indiferentes ante ese suceso que nos enche de tristeza, rabia, vergonza e indignación. É por iso polo que nos gustaría recordarlles algunhas das súas obrigacións:

Aos Sres. Políticos, que pensen máis a medio prazo e no futuro. Que impulsen a investigación e outros xeitos de xerar riqueza. Que acaben co feísmo. Que cren modelos de planificación ordenados primando a calidade de vida fronte á especulación. E que castiguen a quen non os cumpra.

Aos Sres. Arquitectos que nos deseñen vivenda
s respectuosas co entorno, con materiais que se integren na paisaxe e que acaben co mal gusto e a estética de novo rico que nos rodea.

Aos Sres. Construtores: que constrúan con ética, que non só pensen nos cartos senón no futuro que nos están deixando. Que se deixen asesorar por especialistas e que acepten as normas de planificación.

Fixemos un logotipo cun lema que recorda as verbas de Manuel Antonio(escritor da vangarda galega). Como ven é moi sinxelo, o mar, a paisaxe de Sanxenxo e nos, defendendo como cidadáns libres a nosa terra, no que berramos: Salvemos o noso litoral S.O.S, S.O.S.!!!

Queremos citar por último, o sentimento que conten o malestar do pobo como un recordo, porque é o que nos gustaría que recordasen nun futuro, que todos formamos parte deste pobo, e que o pobo que estamos construíndo é o noso legado. Respecten a paisaxe, respecten o pobo. Queremos calidade de vida, queremos un entorno do que gozar para que nun futuro non nos avergoñemos de onde vivimos e o que fixemos.

Salvemos o noso litoral S.O.S, S.O.S.!!!

Etiquetas:

1 Comentários:

  • Boas. Felicidades polo blogue. Concordo totalmente con todos os artigos e penso que cómpre facer algo. Agardo que sobre todo en verán que é cando hai xente e se nos pode ver se organicen moitos actos públicos en Sanxenxo para denunciar a especulación urbanística. En todo caso poño este comentario para comunicarvos a dispoñibilidade dos blogues www.galizavanza.blogspot.com e www.pluraldebate.blogspot.com para difundir estes casos intolerabeis de especulación. Prégovos que comuniquedes ao mail pluralblogue@hotmail.com calquera nova relacionada ou artigos que queirades que sexan publicados nestes blogues. Un saúdo e moito ánimo!

    Por Anonymous Anónimo, Às 3:05 da manhã  

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial