Salvemos Sanxenxo

23 janeiro 2007

Monte Faro

  • Os pequenos propietarios de leiras no chan urbanizable están abocados a vender ou ser expropiados se non poden facer un investimento superior aos 100.000 euros


Antes era monte. Árbores, fentos, toxos e campos de labranza. Hoxe é un chan urbanizable no que cada palmo ten utilidade e valor.
Os máis afortunados son os promotores dos chans urbanizables 13 e 14, que obterán aproximadamente 900 millóns de euros coa venda das preto de 3.000 vivendas de luxo que se construirán en torno ao campo de golf proxectado. Os construtores venderán en torno a 4.000 euros os metros de terreo que compraron por uns 40 E.

Calcúlase que nos chans urbanizables 13 e 14 existían en torno a 2.500 propietarios, con parcelas dunha extensión media de 1.000 metros cadrados. O 70% deles venderon os seus terreos aos promotores, satisfeitos con poder obter algún beneficio dun monte que apenas si lles reportaba ingresos. Outros, pola razón que fóra, non quixeron desfacerse da súa parcela.


Uns 600 propietarios aproximadamente conservan aínda o seu cacho de terra en Monte Faro. Eles enfróntanse agora á encrucillada da xunta de compensación. O Concello de Sanxenxo autorizou aos promotores do chan a utilizar este sistema para desenvolver a urbanización. “Gústelles ou non”, os donos desas seiscentas parcelas verán como as árbores substitúense por chalés, xardíns, viais e greens .
A posesión do 50% da extensión do chan permite ás inmobiliarias desenvolver o plan de urbanización sen o consentimento dos outros propietarios. Para iso constituirán a xunta de compensación.

Os veciños e afectados de Monte Faro opinan:

Por desgracia, como nós temos solo ... m2 seremos expropiados.

Como ves, en España non existe o dereito á propiedade privada, cousa que atenta contra a Constitución.
Como ves, o ex-alcalde (non por ir á cárcel, senón porque aspira a unha praza maior) mentiu descaradamente ós veciños dicindo que ía ser un proxecto por cooperación (non por compensación como é agora) e que ía haber vivendas sociais (eu xa non tiña moita fe, porque a ver quen é o pijo que ten un chalé ó lado das casas de protección oficial)
Como ves, os outros partidos políticos non fan nada por evitar o que claramente atenta contra a Constitución e o sentido común e os principios básicos dunha sociedade que se di democrática: dereito á propiedade privada.
Como ves, a xunta non di nin pío.
Como ves, estamos abocados á expropiación sen que os mecanismos dun Estado de dereito funcionen.
Dame moita pena, e máis me vai dar cando nestas eleccións municipais gañe quen gañe as cousas non van cambiar. Por desgracia os políticos son así.
Como xa propuxera , eu votaría por un partido veciñal que defendera o dereito á propiedade privada, un respeto ó noso medio (o que levaría ¡a demolición das "chabolas" ilegais dos turistas que están a pé de praia!) e unha baixada das taxas municipais (ser o terceiro concello coa presión fiscal máis alta é unha vergonza (sendo como somos unha aldea)).


Construtor por unha vez

Nela, os participantes uniranse ás grandes empresas para construír xuntos o complexo residencial. Repartirán os custos de urbanización e tamén os beneficios da mesma.
En outubro de 2005 o Concello explicaba aos veciños de Monte Faro as virtudes dos chans urbanizables e os grandes ingresos que lles reportarían. «Vos propietarios van comprobar que ou seu patrimonio na zona aumenta moito ou seu valor», prometía a nota informativa do Concello.
A eses beneficios habería que sumarlle ademais as 686 vivendas sociais que se obterían na operación. «O goberno decidiu obrigar a que todos os chans urbanizables de Sanxenxo inclúan vivendas de protección oficial», aseguraba o Concello. O ex alcalde Telmo Martín decidiu finalmente exonerar aos construtores desta obrigación. O Concello cobroulles preto de 8 millóns por iso, a razón de 18.000 euros por cada vivenda de protección que deixasen de construír.
Os cálculos da Xerencia de Urbanismo falaban dunhas ganancias netas de 292.000 euros por unha parcela de 1.000 metros cadrados para aqueles que promoveran o seu propio terreo.


Beneficios no aire
Converterse en construtor en Monte Faro significa realizar un investimento superior a 100.000 euros, sempre seguindo as valoracións realizadas pola propia Xerencia de Urbanismo. Os propietarios que desexen participar na xunta de compensación deberán abonar uns 24.000 euros polo custo de urbanización (realización de viales, zonas verdes e equipamentos) e outros 84.000 pola construción de dous chalés de 70 metros cadrados cada un. Ambas vivendas venderanse despois no mercado por un prezo mínimo de 200.000 euros cada unha.
Por desgraza, non todos poden asumir un investimento de 108.000 euros. Neste caso, terán que esquecer a posibilidade de promover eles mesmos as vivendas e obter eses ingresos.
Os 600 propietarios teñen a oportunidade de vender os seus dereitos de edificabilidade ao axente urbanizador , ou sexa, ás inmobiliarias. Neste caso, se lles desconta o equivalente aos 100.000 euros de investimento dos seus 1.000 metros de terreo. Se o celoso dono da súa leira en Monte Faro négase a participar na xunta de compensación , será expropiado. O prezo establéceo o propio Concello. Aínda así, sempre queda a opción de vender o chan aos promotores ao prezo que o fixeron os outros 2.200 veciños. Obterán 45.000 euros por el.

Etiquetas: ,

2 Comentários:

  • Só escribo para agradecer que loitedes pola terra na que vos toca vivir, iniciativas coma a vosa son exemplo claro de que se o pobo quere pode facer frente a calquer xauria de especuladores desexosos de recaudar beneficios a costa de todo un pais.
    Se en toda Galicia xurdiran por doquier iniciativas semellantes dende logo outro galo cantaria o sair o sol; por desgraza hoxe a cidadania esta aletargada e sumisa aos poderes facticos que gobernan este desproposito...

    Sinceramente como galego agradezcovos que loitedes polo que é xusto, por unha Galicia dos galegos e non dos especuladores, por unha Galicia verde e non gris de cemento,...,grazas por non calar.

    Por Anonymous Anónimo, Às 9:36 da tarde  

  • Primeiro foi o exceso no edificio de Construcuatro, vendido a millón de pesetas metro cuadrado, por vivendas.
    Despois veu o tema dos recheos da entrada ó porto, pra cambiaren a línea de desafección de toda a mazá, o que vai representar unha plusvalía pra Rotilio and Co. de varios miles de millóns de pesetas.
    A continuación veu a privatización do porto a favor de Nauta, no que sería bo saber que políticos están a comer.
    Agora Vincaño, outro desastre.
    E parece que a tónica, nestos momentos é a de que Costas autoriza cantidade de excesos, modificaciós do contorno natural con tal de que os solicitantes/ as solicitantes teñan carnet do PP.
    E máis cousas que non sei.
    E pola outra banda, Telmito Marín quere derruba-lo edificio Herpi, pra promociona-la urbanización que ten prevista na outra banda da estrada.
    Así van as cousas en Sanxenxo, a maior bolsa de fraude urbanístico de España, según algúns expertos.

    Por Anonymous Anónimo, Às 12:14 da tarde  

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial