Salvemos Sanxenxo

13 janeiro 2007

Noticias

  • Un informe xurídico avala que os terreos son de propiedade comunal

A denuncia presentada por Salvemos Pontevedra expón, ademais, que os terreos de Conservas Peña son, ao parecer, comunais, de Adina.

Sinala que o 28 de marzo de 2.001, o Pleno aprobou encomendar a unha asesoría xurídica a elaboración dun informe achega da titularidade municipal dos terreos ocupados pola antiga fábrica de Conservas Peña. Apúntase, na denuncia, que o informe xurídico, elaborado polo avogado Evaristo Estévez o 11 de xullo de 2.001, asegura que nos atopamos ante un monte do común dos veciños da que constitúe monte comunal dos veciños de Adina" e destaca que "o monte figura inventariado como de prescrición inmemorial, circunstancia só atribuíble a aqueles bens de titularidade comunal, pero calidade dificilmente atribuíble entón aos bens municipais". "Os terreos son reivindicables pola súa condición de demaniais, pero non polo Concello quen cos seus actos propios obviar tal condición, senón pola Consellería de Agricultura ", engade. Salvemos Pontevedra denuncia, así, que "pese á contundencia do informe en xullo de 2.005 Telmo Martín asinou un convenio urbanístico sobre estes terreos".

Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial