Salvemos Sanxenxo

19 janeiro 2007

  • A urbanización de Festiñanzo obtén o visto bo do PP e do PSOE
As esperanzas do goberno socialista, terminase cun largo silencio adminitrativo
O Consello da Xerencia de Urbanismo abordou onte a aprobación definitiva do Plan Parcial correspondente ao chan urbanizable número 9, situado en Punta Festiñanzo, entre as praias de Area de Agra e Areas. O proxecto de urbanización obtivo o visto bo do equipo de Goberno e do PSOE. O BNG, pola súa banda, reiterou a súa oposición ao mesmo.



Este plan parcial fora obxecto o 26 de decembro de 2005 dun informe desfavorable da Dirección Xeral de Urbanismo polo vial de acceso que se pretendía facer. En xullo de 2006 a promotora remitiu un escrito rebatiendo o documento autonómico. Pero o silencio administrativo da Xunta permitiu agora que o plan parcial sigua adiante.

A portavoz do PSOE, Dulcinea Aguín, defendeu o seu posicionamiento a favor-pese a que contaba cun informe desfavorable de Urbanismo-argumentando que o vial, que se pretendía desenvolver, modificouse.

"Si estamos a favor del mismo es además porque es uno de los pocos desarrollos que en su mayor parte es de iniciativa vecinal y es uno de los que cuenta con menor porcentaje de edificabilidad", espetou.
O portavoz nacionalista, Roberto Fernández Lores, asegurou, pola contra, que esta urbanización é "unha desfeita". "Situarse nunha zona enrriba do mar", subliñou. Recordou, ademais, que podería verse afectada pola a Lei de Medidas Urxentes de Ordenación do Territorio do Litoral de Galicia, que, nestes momentos, tramita Urbanismo.

Artigos Relacionados:

Etiquetas: ,

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial