Salvemos Sanxenxo

10 fevereiro 2007

Artigo-Humor

  • Carta dun especulador arrepentido.

Eu era como vós, especulador nato,compraba alcaldes e políticos de toda clase e condición. Ameazaba e coaccionaba coa lei do axente urbanizador, se algún veciño se resistía a miña ambición.
Eu proclamaba a riqueza e o progreso que traería o ladrillo e a cementación.E así pelotazo tras pelotazo fun facéndome cun fermoso patrimonio aínda que sen chegar a ser o décimo home máis rico de España como Paco ( El Pocero) nin como Telmeitor Martín , admirado especulador con mais de 17 empresas relacionadas co noso sector. Antes de ser alcalde de Sanxenxo meteuse de cheo a promotor e con unha gran vocación cementadora.¿ que terá a construción que nos atrae tanto ?.
En fin , un bo día estaba nun Bar no estranxeiro e coñecín casualmente a outro construtor Galego que me di o seguinte:

-Estou asustado da destrución do litoral Galego nos últimos 15 anos ,neste país é impensable entrar construír “a saco” como se fai en Sanxenxo(Galicia) .
- Aquí se alguén se atreve a construír unha casa ou edificio na costa rapidamente é demolida a edificación.
Este lugar era Irlanda que actualmente é un dos países mais ricos de Europa e alí non destruíron a súa costa para progresar .
Entón dinme conta que para progresar non se pode destruír a paisaxe. Sen paisaxe non hai progreso!!!.

A partir de aquel día constrúo afastado da costa, respectando a paisaxe e a miña terra: Sanxenxo. Procuro usar materiais do país respectando a arquitectura tradicional Galega.Intento non construír apareados nin adosados xa que agora dedicome a rehabilitación de casas de pedra ou tradicionais,que por unha banda é un bo negocio é por outro contribúo a recuperar o noso rico patrimonio. E fago o verdadeiro desenvolvemento sostible.

Recordade amigos Especuladores:

O progreso non é sinónimo de construción; o turismo non busca cemento; a calidade de vida non se asocia ás grandes urbes.

Agora defendo a paisaxe cos meus amigos de Salvemos Sanxenxo, moitos dos meus compañeiros constructores son detractores dos grupos ecoloxistas que se opoñen ao urbanismo que está a asolagar de cemento o territorio fanos aparecer como grupos de persoas que se opoñen ao progreso cando son precisamente aqueles os que buscan unhas vilas e paisaxes carentes do máis elemental para a vida humana.

Para desvirtuar as mensaxes de colectivos como Salvemos Sanxenxo, por poñer un exemplo cercano, acúsanos de se opoñer ao crecemento, palabra enganosa onde as haxa. Hai que distinguir entre crecemento e progreso, pois tales termos non son sinónimos por moito que a algúns lles interesaría que o fosen.

O crecemento do que se fala non é máis que un aumento do volume de cemento que se levanta onde antes había unhas paraxes de gran valor ambiental e, como non, económico. Lembremos que a razón do continuo fluxo turístico de vilas como Sanxenxo obedeceron ao seu atractivo valor paisaxístico. Pero este crecemento do aumento das vivendas construidas non acarrea unha maior entrada de turistas, que cada día son máis exixentes na demanda de zonas peculiares dotadas de historia e patrimonio. Pola contra, un aumento desmesurado de urbanizacións supón un deterioro dos servizos básicos como auga, depuración, alcantarillado, lixo, aparcadoiros, etc. Servizos que hoxe por hoxe son deficientes en Sanxenxo.

O progreso do que falamos os que nos opoñemos a este crecemento, antagónico coa calidade de vida, pasa por mellorar o que temos na actualidade e someter o aumento da edificabilidade a unhas condicións restritivas que atendan ás necesidades reais da poboación. Se unha poboación ten un crecemento demográfico moi baixo hai que pensar que son innecesarias máis vivendas e que urxe facer da vila ou cidade unha mellora que atraia a novos residentes. Hai que preguntarse as razóns das baixadas de poboación e posiblemente atopemos na falta de calidade
de vida unha causa deste empobrecemento.

Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial