Salvemos Sanxenxo

10 fevereiro 2007

  • A lei do litoral pode paralizar medio milleiro de vivendas en Sanxenxo se non son aprobadas

Festiñanzo e Pociñas, Salvados pola campana!!!

Catro dos once chans costeiros están afectados pola medida
A construción das urbanizacións que xa se estean aprobadas poderá continuar

A nova lei de medidas urxentes, que suspenderá a concesión de licenzas ata decembro nunha franxa de 500 metros desde a costa, paralizará 575 vivendas xunto ao mar en Sanxenxo. Son o número total de casas previstas nos catro chans urbanizables que aínda non obtiveron a aprobación definitiva dos seus plans parciais, requisito marcado pola Xunta.

Trátase dos terreos identificados cos números 18, 20, 22 e 24, correspondentes ás urbanizacións previstas en Canelas, Montalvo, Major e na contorna da Lanzada. Os complexos residenciais con maior densidade son os da Lanzada, con 290 vivendas e o de Major, con 175 residencias. Séguenlle Canelas con 70 e Montalvo con 40. En Todos os casos trátanse de chalés compostos por dúas plantas, incluído o baixo.

Máis de 1.500 novas casas

Outras 1.517 vivendas previstas no litoral de Sanxenxo poderán continuar coa súa construción grazas a que os chans sete urbanizables nos que se enmarcan xa contan co plan parcial aprobado definitivamente. É o caso dos complexos da Granxa, Vos Cotos, Festiñanzo, Cabicastro, Pociñas e dous na Lanzada. As dúas urbanizacións cun maior número de vivendas son as próximas a Raxó, con 509 e 407 casas previstas.

Noticia: La Voz de Galicia

Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial