Salvemos Sanxenxo

13 fevereiro 2007

  • Nace a Rede Litoral Vivo:

Salvemos Sanxenxo foi invitado a formar parte de esta organización a traves dun e-mail polo Colectivo Fusquenlla.

Velar polo patrimonio natural de Galicia e impedir que unha "marea gris" acabe de destruír a costa galega. Con este obxectivo constituíuse onte en Compostela a Rede Litoral Vivo, unha plataforma integrada por 18 colectivos cidadáns. Os integrantes da Rede subscribiron onte un manifesto no que se propoñen, como medidas de emerxencia, a prohibición dos desenvolvementos urbanísticos e industriais nos lugares onde non están garantidas a depuración de augas residuais, a subministración enerxética e a agua, ou que a súa construción cause impacto.

Xan Duro, coordinador xeral de Verdegaia que onte actuou como portavoz da Rede, denunciou que as Administracións "non salvagardan" o patrimonio natural galego e que o ámbito privado tampouco "respecta" a singularidade paisaxística, biolóxica e etnográfica das rías da comunidade. Así, a Rede anunciou onte a súa constitución e denunciou a "perda" de biodiversidade, o desenvolvemento urbanístico e industrial "descontrolado", unhas "inexistentes" políticas de ordenación do territorio e un "fallido" concepto de "progreso". Ademais, advertiu da posibilidade dunha "marea gris definitiva" que "acabe de destruír" a costa galega e provoque unha "enorme perda".

A Rede pediulle onte ó Goberno a posta en marcha "inmediata" dunha moratoria na construción co obxectivo de deter as "agresións" no espazo marítimo-litoral ata desenvolver as medidas administrativas e lexislativas solicitadas. Ademais, proporá alternativas de uso, xestión, conservación e restauración da costa, así como aumentar a sensibilización social mediante a divulgación e a concienciación. Tamén advertiu de que procurará "mellorar" a capacidade de "presión" dos colectivos cidadáns sobre os gobernos e empresas e pediulle á Xunta que "garanta" a sustentabilidade, trasparencia, participación social e responsabilidade na xestión das administracións.

Leer: Manifesto por un Litoral Vivo

Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial