Salvemos Sanxenxo

05 março 2007

Nº 45 — Lunes 5 marzo 2007 BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA 25

  • A N U N C I O B.o.e

Aprobación definitiva do proxecto de urbanización presentado polas mercantís Construcciones Bamarti S.L., Constructora Aguín Magdalena S.L. e Promociones Portonovo, S.L., para o desenvolvemento do PEI 2 e 3 en Portonovo -Sanxenxo.

Dato :

PEI-2 CONSTRUCCIONES BAMARTI, S.L. A Perla 158 Vivendas
PEI-3 PROMOCIONES PORTONOVO, S.L. Seame 142 Vivendas


Por Resolución da Presidencia de data 5 de febreiro de 2007, acordouse prestar aprobación definitiva ó proxecto de urbanización presentado polas mercantis Construcciones Bamarti S.L., Constructora Aguín Magdalena S.L. e Promociones Portonovo S.L., para o desenvolvemento Portonovo-Sanxenxo, de conformidade co proxecto técnico presentado, redactado polos Arquitectos D. Javier Aballe Lago, D. Antonio Hernández Crespo, D. Ernesto Cid Sueiro, D. Manuel Rodríguez Fontán e Dª Pastora Parada Portas, visados polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, na data do 03/10/06.

O que se fai público para a súa executividade, suliñandose que contra este acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano ca dictou no prazo dun mes a contar desde o día seguinte o da súa publicación, consonte co establecido no artigo 116.1 da Lei 30/92, de 26 de novembro, ou ben directamente o recurso contencioso administrativo,ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia,no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte da publicación deste anuncio.

En Sanxenxo, a 7 de febreiro de 2007.—A Presidenta,Catalina González Bea

Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial