Salvemos Sanxenxo

05 março 2007

  • A N U N C I O

Aprobación definitiva do proxecto de urbanización presentado pola mercantil Pombal de Bordóns S.L. para o desenvolvemento do S.U. 29 en Bordóns - Sanxenxo.

Por Resolución da Presidencia de data 31 de xaneiro de 2007, acordouse prestar aprobación definitiva ó proxecto de urbanización presentado pola mercantil Pombal de Bordóns S.L., para o desenvolvemento do SU. 29 en Bordóns - Sanxenxo, de conformidade co proxecto técnico presentado, redactado polo Arquitecto D. Francisco Alvarez Pérez, visado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, na data do 22/11/2005 e documentación complementaria con data de visado do 22/02/2006,

o 06/04/2006, do 02/05/2006 e anexo achegado ó rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo con data do 10/11/2006 (Rexistro nº 4.440). O que se fai público para a súa executividade, suliñandose que contra este acto administrativo,que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano ca dictou no prazo dun mes a contar desde o día seguinte o da súa publicación, consonte co establecido no artigo 116.1 da Lei 30/92, de 26 de novembro, ou ben directamente o recurso contencioso administrativo, ante o Tribunal Superior

de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte da publicación deste anuncio.

En Sanxenxo, a 7 de febreiro de 2007.—A Presidenta,Catalina González Bea.

Artigo relacionado:Esta carballeira corre moito perigo

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar comentários [Atom]



<< Página inicial