Salvemos Sanxenxo

13 março 2007

  • O concello de Sanxenxo regala 7.500.000 de euros. O propietario de Punta vicaño é os mozos seguimos sen vivendas sociais en Noalla(Monte Faro).

O goberno de Sanxenxo estima o prezo de adquisición de Punta Vicaño como solo urbano

O grupo de goberno de Sanxenxo presentou no trasncurso do pleno celebrado onte, día 12 de marzo, como aval oficial para a adquisición dos terreos de Punta Vicaño (clasificados como zona verde no PXOM - no mapa do Plan Xeral-), a tasación realizada por unha empresa externa ao concello, que estima en 8.132.231 euros o valor destes terreos. O concello materializará a opción de compra, que vence o vindeiro xoves, día 15, por un importe de 7.500.000 de euros.

O documento estabelece literalmente que “se prevé el desarrollo de una urbanización con zonas comunes que estará formada por 28 viviendas unifamiliares adosadas”. Deste xeito, para realizar a tasación pártese dunha hipotética reclasificación dos terreos (calificados como zona verde) que pasarían a ter a consideración de solo urbano non consolidado, e que permitiría a edificación das 28 vivendas adosadas.

O cálculo tamén toma como referencia o aproveitamento do solo coma se estivese situado na área de Portonovo, é dicir cunha edificabilidade do 0,7 m2 m2. En ningún momento, o documento fai referencia o valor real que ten Punta Vicaño no mercado inmobiliario, como zona verde que é, e polo tanto non edificábel, senón que toda a tasación se fai dende esa hipotética reclasificación dos terreos como urbanos non consolidados e comparando o prezo estimado (8.132.231 de euros) co valor real que teñen outras áreas urbanas consolidadas do concello.

Ver máis documentación:Punta Vicaño

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial