Salvemos Sanxenxo

27 abril 2007

CON ESTES DATOS MANIFESTACIÓN 6 DE MAIO

  • Os datos de Sanxenxo:

Poboación actual: 16.914 veciños de poboación estable (datos el INE a 1 de Xaneiro de 2006.)

Extensión: 44km cadrados

Aumento de poboación ano 2005- 2006: 16.914 veciños de poboación estable, fronte a os 16.598 do ano2005.(INE a 1 de Xaneiro de 2006.)

Aumento de poboación ano 2004- 2005: 16.598 veciños de poboación estable, fronte a os 16.424 do ano2004.(INE)

Vivendas actuais: 13.585 vivendas*

Vivendas aprobadas no 2006: O (PXOM) experimentou un gran avance no 2006 e xa contempla a construción de 2.722 novas vivendas***.

Vivendas visadas ano2005:687 vivendas, 3 vivendas de protección oficial (datos: Colexio de Arquitectos de Pontevedra (COAG)

Vivendas visada ano 2004: 769 vivendas (COAG)

Vivendas que están previsto construír na franxa dos 150-500 metros da costa: 2.143 vivendas en s.u.

Vivendas valeiras:

O concello de Sanxenxo concentra o 10% dos pisos baleiros da provincia. Se as familias renunciasen a vivir xuntas, o municipio tería para ofrecer á xente empadroada case unha vivenda por cada habitante.Das 13.585 residencias que se construíron no concello, só 4.719 teñen moradores habituais.Só 1.875 figuran como pisos de segunda residencia. Os 6.991 restantes son vivendas que contribúen a inflar o mercado especulativo do chan, segundo os expertos. *

Vivendas que están previsto construír no Pxom:



TOTAIS VIVENDAS EN P.E.I., P.E.R.I. E
CON LICENZA DIRECTA APROBADAS. . . . . ... 6.280

VIVENDAS PREVISTAS NOS
30 SOLOS URBANIZÁBEIS ................................. 7.174

Total vivendas que están previsto
contruir
en SANXENXO.................................. 13.454

(Ver,Datos do Pxom )**.

Prezo medio M2 de térreno: 120 de euros media o metro ( Foro de Consultores en 2003)

Prezo da vivenda: 2.345 euros que vale de media o metro cadrado de vivenda construído según os datos que facilitou o Foro de Consultores en 2003.

Débeda do concello:No mes de maio a débeda do municipio chegaba ao 93,5% (o máximo permitido pola Lei é do 110%).

En cifras absolutas, a débeda de Sanxenxo alcanza os 15 millóns de euros sobre un orzamento actual de 57,8 millóns de euros, pero iso si, sen ter en conta a débeda que arrastra Nauta Sanxenxo- a sociedade mercantil, de capital cento por cento municipal- pola compra do porto deportivo e as obras de reforma. Aínda que non é legal a suma a da débeda da sociedade mercantil é preciso resaltar que conxuntamente chegarase a un nivel de endebedamento do 108%, o que se aproxima ó 110% que permite a Lei.

O ex- alcalde, Telmo Martín, decidiu solicitar un crédito ano vista das próximas eleccións municipais unha cantidade de 5,4 millóns de euros.*

*Hemeroteca da Voz de Galicia .
**
Estes datos están sacados do Plan Director de Saneamento e Abastecemento( Datos do Pxom de Sanxenxo)
*** Hemeroteca Faro de Vigo

Documentación relacionada:

1 Comentários:

  • ¿"Salvemos Sanxenxo"?. Creo que xa é demasiado tarde. ¿De verdade pensades que se pode facer algo por Sanxenxo?. Fai moitos anos pasaba as miñas vacacións na vila e xa daquela comezaba a cheirar mal. O formigón parecía ter unha vida propia, cada verán os edificios crecían uns a cabalo doutros. A xente que frecuentaba a vila daba noxo, e sinceramente, agora mesmo da mais noxo. A xente de Sanxenxo e magnífica, os paiasos que o frecuentan no verán deixan moito que desexar. Apoio 100% esta páxina. Espero que poidades facer algo pola vosa vila e que os caciques, especuladores, ricachóns de merda e politicuchos infames vaian meter os seus cartos e os seus ladrillos polo...

    Por Blogger O Cui, Às 12:12 da tarde  

Enviar um comentário

Subscrever Enviar comentários [Atom]



<< Página inicial