Salvemos Sanxenxo

19 abril 2007

Pola defensa do noso litoral

  • Desde Salvemos Sanxenxo queremos animarvos a participar nesta GRAN MANIFESTACIÓN .

A práctica totalidade das organizacións ecoloxistas galegas reunidas nunha asemblea que se celebrou en Santiago o pasado día 31 de marzo, acordarón, por unanimidade, convocar unha manifestación para o día 6 de maio en Compostela.

Coincidiuse na necesidade de celebrar este acto reivindicativo e de denuncia dado o grave estado de deterioro no que se atopa o territorio galego.

Se o litoral está ameazado pola construción abusiva e desordenada froito da especulación galopante, pola crecente contaminación das rías, e polos numerosos proxectos de piscifactorías existentes, a Galicia interior sufre o deterioro dos cascos históricos, a destrución do patrimonio arquitectónico, a desaparición dos espazos públicos e zonas verdes, e é igualmente presa da edificación masiva que aporta a especulación e a depredación da paisaxe. Todos estes feitos (sen esquecer a espoliación do Courel e da Terra Cha) ameazan á propia identidade de Galicia.

Existe unha grande sensibilidade social sobre as consecuencias irreversibles que carrea o descontrol das actuacións urbanísticas e a impunidade dos empresarios e alcaldes que os apoian. Temos agora a posibilidade de poñer freo á cementación do país, de salvagardar o noso patrimonio natural e histórico, que é o mesmo que dicir salvagardar o noso futuro.

Desde Salvemos Sanxenxo queremos animarvos a participar nesta que ha de ser unha gran xornada de esperanza, para defender, xunt@s e firmes, o noso patrimonio irrenunciable: a paisaxe, a vida e a identidade do noso pais, do noso planeta.

Federación Ecoloxista Galega, Verdegaia, Amigos da Terra, Greenpeace, Sociedade Galega de Historia Natural, Luita Verde, Plataforma veciñal contra a piscifactoria de Baroña, Plataforma veciñal contra a piscifactoria de Quilmas, Fusquenlla, Salvemos Monteferro, Ortigueira Sostible, Foro Social de Cangas, Plataforma Ártabra 21, Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol, Plataforma contra o Viaducto e a Variante de Outes , Plataforma para a Conservación e Rexeneración do Litoral de Bueu, Natura Céltica, Anduxía, SOS Courel, e outros; Rondanon(Sanxenxo)… A lista crece sen parar!

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial