- Trama urbanística en Festiñanzo promovida por empresas ligadas ao PSOE
A costa de Sanxenxo preparase para aturar outra operación urbanística de calado, contraria a lei de costas, co o apoio político do PP, e cos investimentos de Bruesa, unha empresa ligada ao PSOE. É unha nova proba de que non son certas as palabras de Dulcinea Aguín:”Voto a favor do S.u.9 (Festiñanzo) para favorecer os veciños que queren facer unha casa alí”
Con legalidade ou sen ela,a masificación da costa en Sanxenxo segue o seu curso, con teatros da falsa oposición do Psoe da Xunta. Por outro lado o PSOE local de Sanxenxo vota a favor de urbanizacións coma a do Monte Festiñanzo para favorecer o seu conglomerado empresarial e algunhas das súas amizades.
Festiñanzo é maioritariamente un bosque sementado de piñeiros e eucaliptos considerado zona de especial protección nas normas subsidiarias municipais. O Plan Xeral de Ordenación Municipal (Febreiro de 2003) conferiulle carácter de chan urbanizable, aínda que fai referencia ao seu alto valor paisaxístico e inclúe supostas medidas para a conservación da sua masa forestal por este motivo foi sacudido pola oleada de incendíos do verán do 2006.
O entramado empresarial envolvido na operación é, como sempre, bastante complexo.
O representante legal da axunta de compensación é José Manuel Otero Rey e as obras corren a cargo da promotora Cysugal pertencente ao Grupo Bruesa.Tratase dun holding formado por máis de 20 empresas maioritariamente de empresasrios do circulo de amizade de Telmo Martín e ligada coa a coñecida Bruesa .
Bruesa: Esta empresa ligase a un galego, Antonio Pinal, que fora condenado por financiamento ilegal do PSOE nas Illas Baleares. É un galego do Carvalliño que fixo fortuna no País Vasco e estivo salpicado polo 'caso Roldán'. Na altura, o director xeral da garda civil encagavase na construción de casas cuartel a empresarios amigos.
O Dato
Montes ameazados a poucos metros da costa.
Tres montes da parroquia de Dorrón serán vítimas da desfeita: a Granxa, Os Cotos e Festiñanzo. A urbanización aprobada nesta última zona contou cos votos favorables do PSOE e esta postura foi denunciada publicamente por Salvemos Sanxenxo. En total, estes montes aturarán mais de 1229 vivendas, situadas a escasos trescentos metros da liña de praia. A Xunta alertaba ao concello da grave irregularidade cometida, mas a aprobación deuse previamente a nova lei de costas.
XA ME PARECÍA A MÍN, QUE ERAN MOITOS CARTOS GASTADOS NA CAMPAÑA DA DULCINEA, DALGÚN SITIO TIÑAN QUE VIR¡¡¡¡¡¡¡¡
ResponderEliminarOS PARTIDOS DEBÍAN PRESENTARLLE Ó POBO AS SÚAS CONTAS DOS GASTOS DAS CAMPAÑAS E TAMÉN ¿DE DONDE PROVEÑEN?
ResponderEliminarmoi bo artigo futuro primo
ResponderEliminarMoi bo artigo e grazas a el atopei un dato que levo intentando relacionar hai tempo por iso e grazas a ti que me puxo no camiño decidin publicar parte dos meus datos sobre a presunta conexion entre o poligono e festiñanzo. Podes velos no blog de cousas de Sanxenxo.
ResponderEliminarGrazas e Saúdos
¿Que le pasa estes últimos meses a Salvemos Sanxenxo?
ResponderEliminarHas quedado ya hasta el moño como le ha pasado al de Noalla ó que?
e que neste concello si te pos a encher o blog con artigos tes para anos, porque de que falar hai, comezando polo medio ambiene neste concello, pero falta tempo.
ResponderEliminarMoi bo artigo, coma sempre.
Mi mas sincera enhorabuen por tu blog.
ResponderEliminarLo sigo a menudo y me gusta. Trabajo en Coruña y asi estoy informado de las noticias y de o que pasa en mi pueblo.
Gracias
PABLO