Salvemos Sanxenxo

22 fevereiro 2007

Apróbanse a toda máquina os s.u.s da costa

  • A Xerencia de Urbanismo aborda hoxe os chans de dos Cotos e A Granxa



A Xerencia de Urbanismo deu vía libre nos últimos meses aos chans urbanizables número 1 e 8, situados entre Punta Festiñanzo e o núcleo urbano de Raxó.

Estas urbanizacións contemplan a construción de 900 novas vivendas, o que supón un aumento de entre 1.800 e 3.200 turistas máis, se consideramos que as casas de dous pisos previstas na Granxa estean ocupadas por tres ou catro habitantes.

A alcaldesa convocou para hoxe unha sesión extraordinaria do Consello da Xerencia de Urbanismo para abordar, entre outros, a solicitude de aprobación definitiva do proxecto de compensación do plan parcial para o desenvolvemento do chan urbanizable número 1, situado no lugar de dos Cotos, en Dorrón.

Así mesmo, abordarase a solicitude de aprobación definitiva do proxecto de compensación do plan parcial correspondente ao desenvolvemento urbanístico do chan urbanizable número oito, emprazado na Granxa, tamén parroquia de Dorrón.

Noticias Relacionadas:Salvemos Pontevedra recorre no TSXG o convenio urbanístico da Granxa

Documentos:

  • Aprobación definitiva do “Plan Parcial para desenvolvemento do S.U.-1”, en Os Cotos-Dorrón
  • * PLAN PARCIAL DO SOLO URBANIZABLE Nº 1,
    B.O.P. 25/11/05.

  • PLAN PARCIAL DO SOLO URBANIZABLE Nº 8,
    B.O.P. 07/07/05.
Máis Salvemos Informa: (-1-) , (-2-)

Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial