Salvemos Sanxenxo

17 outubro 2006

O día:Salvemos Informa

  • A destrución de Festiñanzo esta en marcha.
Trala aprobación do Pxom por Telmo Martín en 2003, Festiñanzo pasa a ser urbanizable nunha parte e na outra é asignado un S.u.( ver).
Este cabo localizado na Ría de Pontevedra ; cun alto valor paisaxístico foi protexido como zona Forestal durante séculos. A pesar dalgunhas obras que se construíron con dubidosa legalidade ,o cabo chegou o século XXI cun alto valor ecolóxico

Image Hosted by ImageShack.us
Image Hosted by ImageShack.us
  • O S.u 9
O S.u.9 foi solicitado por José Manuel Otero Rey (Intimo amigo de Telmo Martín,podriase denominar "El pocero de Sanxenxo") e 7 empresas máis
En este S.u.9 construiránse un total de 260 chalés.

Está previsto que as obras comecen no prazo de dous anos, xa que os promotores necesitan estar en posesión de polo menos o 51% do terreo( ver Xunta de Compensación), unha porcentaxe difícil de conseguir debido á gran cantidade de propietarios existente (686 Propietarios) problema relacionado co minifundismo galego.(As presións e amenazas xa son patentes)

Click na foto ver mais grande


















  • Na Zona Urbanizable
Estase a construír indiscriminadamente destruíndo a morfoloxía da paisaxe como se pode ver na imaxe.
Image Hosted by ImageShack.us
  • Ando moi indignado

Ando moi indignado, porque cústame asimilar e resístome a comprender que o que está ocorrendo en Sanxenxo sexa algo tan vergonzoso, tan clamoroso, tan escuro, tan penoso, que me corroe as entrañas.

Por unha banda anda o partido de goberno, facendo e desfacendo ao seu antoxo, xogando con este pobo e os seus veciños, coma se dun xoguete se tratara e co cinismo de vendernos as súas artimañas como calidade de vida. De dar explicacións, nada. De ir pola verdade por diante, menos. E iso sen entrar nos asuntos turbios, ou mellor, pantanosos.

¿De verdade pensa o Sr. Telmo, como repite en ocasións e coa boca chea, que é o alcalde de todos? Pois non, se traballase realmente por Sanxenxo e os seus veciños, si o sería; pero se o seu traballo exclusivamente consiste no seu propio enriquecemento e en comprar o seu asento para estar oito anos no sillón logo fuxir a Pontevedra.

Estamos os cidadáns, que de acordo que non temos que render contas porque non temos responsabilidade política algunha; pero temos uns principios e unha corresponsabilidade con nosco mesmos e coa nosa terra.

¿Podemos mirar para outro lado sen máis, coñecendo as canto menos escuras manobras do noso goberno?. Podemos criticar canto se nos antoxo, tanto a uns como a outros, pero ¿xa está?.

¿Podemos calar só porque os nosos intereses persoais andan en xogo?; pero non son os nosos intereses persoais, son os nosos dereitos, andan repartindonos unha migallas e levándose un gran pastel a cambio; As migallas non no la regalan, estánnolas cobrando e moi caras.


Chega un momento en que comprendes que as cousas van permanecer así, se alguén non fai algo por cambialas, e mentres uns e outros andan enredados por intereses particulares, ti pensas: ¿e eu que?; pero de súpeto ves, que hai un grupo de persoas que teñen as mesmas inquietudes, a mesma meta: ver crecer a Sanxenxo, pero de verdade, non de escaparate, senón traballando sobre as necesidades reais que existen aquí. E que traballan dun xeito totalmente desinteresada, con seriedade, con entrega, con tesón, con forza, en liberdade e sobre todo con esperanza, moita ESPERANZA.

Etiquetas: , ,

2 Comentários:

  • Somos uns pobres infelices, puxemos o alcalde e os seus governando e agora queixámonos.
    Digovos unha cousa a todos, nin o portavoz do BNG. nin a do PESOE nin a incauta persoa que pensa poñer o PG. (entereime fay 24 horas quen será) farán que esto teña unha opción de voto distinta.
    ¿porquén bamos a votar si os que están non valen?

    Por Anonymous Anónimo, Às 12:19 da manhã  

  • Canta razón tes ·amigo" solo cometes un erro. ou olvido, que non podemos ter; Os culpables son os que fixeron o PXOU, ou sea, non e solo telmo ¿que pasa co concejal de urbanismo e co resto do grupo político?, e que esos non son responsables ?. Donde está unha verdadeira oposición ?, e que esa non save denunciar como se debe ?, claro que uns teñen que brujulear entre os clientes do banco, e a outra parte, bastante ten con oir ver e calar esa e a sua capacidade.

    Por Anonymous Anónimo, Às 12:30 da manhã  

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial