O día:Salvemos Informa
- A destrución de Festiñanzo esta en marcha.
Este cabo localizado na Ría de Pontevedra ; cun alto valor paisaxístico foi protexido como zona Forestal durante séculos. A pesar dalgunhas obras que se construíron con dubidosa legalidade ,o cabo chegou o século XXI cun alto valor ecolóxico
- O S.u 9
En este S.u.9 construiránse un total de 260 chalés.
Está previsto que as obras comecen no prazo de dous anos, xa que os promotores necesitan estar en posesión de polo menos o 51% do terreo( ver Xunta de Compensación), unha porcentaxe difícil de conseguir debido á gran cantidade de propietarios existente (686 Propietarios) problema relacionado co minifundismo galego.(As presións e amenazas xa son patentes)
Click na foto ver mais grande
- Na Zona Urbanizable
- Ando moi indignado
Ando moi indignado, porque cústame asimilar e resístome a comprender que o que está ocorrendo en Sanxenxo sexa algo tan vergonzoso, tan clamoroso, tan escuro, tan penoso, que me corroe as entrañas.
Por unha banda anda o partido de goberno, facendo e desfacendo ao seu antoxo, xogando con este pobo e os seus veciños, coma se dun xoguete se tratara e co cinismo de vendernos as súas artimañas como calidade de vida. De dar explicacións, nada. De ir pola verdade por diante, menos. E iso sen entrar nos asuntos turbios, ou mellor, pantanosos.
¿De verdade pensa o Sr. Telmo, como repite en ocasións e coa boca chea, que é o alcalde de todos? Pois non, se traballase realmente por Sanxenxo e os seus veciños, si o sería; pero se o seu traballo exclusivamente consiste no seu propio enriquecemento e en comprar o seu asento para estar oito anos no sillón logo fuxir a Pontevedra.
Estamos os cidadáns, que de acordo que non temos que render contas porque non temos responsabilidade política algunha; pero temos uns principios e unha corresponsabilidade con nosco mesmos e coa nosa terra.
¿Podemos mirar para outro lado sen máis, coñecendo as canto menos escuras manobras do noso goberno?. Podemos criticar canto se nos antoxo, tanto a uns como a outros, pero ¿xa está?.
¿Podemos calar só porque os nosos intereses persoais andan en xogo?; pero non son os nosos intereses persoais, son os nosos dereitos, andan repartindonos unha migallas e levándose un gran pastel a cambio; As migallas non no la regalan, estánnolas cobrando e moi caras.
Chega un momento en que comprendes que as cousas van permanecer así, se alguén non fai algo por cambialas, e mentres uns e outros andan enredados por intereses particulares, ti pensas: ¿e eu que?; pero de súpeto ves, que hai un grupo de persoas que teñen as mesmas inquietudes, a mesma meta: ver crecer a Sanxenxo, pero de verdade, non de escaparate, senón traballando sobre as necesidades reais que existen aquí. E que traballan dun xeito totalmente desinteresada, con seriedade, con entrega, con tesón, con forza, en liberdade e sobre todo con esperanza, moita ESPERANZA.
Etiquetas: Salvemos informa, Salvemos informa Máis, Salvemos informa1
2 Comentários:
Somos uns pobres infelices, puxemos o alcalde e os seus governando e agora queixámonos.
Digovos unha cousa a todos, nin o portavoz do BNG. nin a do PESOE nin a incauta persoa que pensa poñer o PG. (entereime fay 24 horas quen será) farán que esto teña unha opción de voto distinta.
¿porquén bamos a votar si os que están non valen?
Por Anónimo, Às 12:19 da manhã
Canta razón tes ·amigo" solo cometes un erro. ou olvido, que non podemos ter; Os culpables son os que fixeron o PXOU, ou sea, non e solo telmo ¿que pasa co concejal de urbanismo e co resto do grupo político?, e que esos non son responsables ?. Donde está unha verdadeira oposición ?, e que esa non save denunciar como se debe ?, claro que uns teñen que brujulear entre os clientes do banco, e a outra parte, bastante ten con oir ver e calar esa e a sua capacidade.
Por Anónimo, Às 12:30 da manhã
Enviar um comentário
Subscrever Enviar feedback [Atom]
<< Página inicial