Salvemos Sanxenxo

19 outubro 2007

  • Trama urbanística en Festiñanzo promovida por empresas ligadas ao PSOE

A costa de Sanxenxo preparase para aturar outra operación urbanística de calado, contraria a lei de costas, co o apoio político do PP, e cos investimentos de Bruesa, unha empresa ligada ao PSOE. É unha nova proba de que non son certas as palabras de Dulcinea Aguín:”Voto a favor do S.u.9 (Festiñanzo) para favorecer os veciños que queren facer unha casa alí”

Con legalidade ou sen ela,a masificación da costa en Sanxenxo segue o seu curso, con teatros da falsa oposición do Psoe da Xunta. Por outro lado o PSOE local de Sanxenxo vota a favor de urbanizacións coma a do Monte Festiñanzo para favorecer o seu conglomerado empresarial e algunhas das súas amizades.

  • Antonio Pinal en Festiñanzo

Festiñanzo é maioritariamente un bosque sementado de piñeiros e eucaliptos considerado zona de especial protección nas normas subsidiarias municipais. O Plan Xeral de Ordenación Municipal (Febreiro de 2003) conferiulle carácter de chan urbanizable, aínda que fai referencia ao seu alto valor paisaxístico e inclúe supostas medidas para a conservación da sua masa forestal por este motivo foi sacudido pola oleada de incendíos do verán do 2006.

O entramado empresarial envolvido na operación é, como sempre, bastante complexo.

O representante legal da axunta de compensación é José Manuel Otero Rey e as obras corren a cargo da promotora Cysugal pertencente ao Grupo Bruesa.Tratase dun holding formado por máis de 20 empresas maioritariamente de empresasrios do circulo de amizade de Telmo Martín e ligada coa a coñecida Bruesa .

Bruesa: Esta empresa ligase a un galego, Antonio Pinal, que fora condenado por financiamento ilegal do PSOE nas Illas Baleares. É un galego do Carvalliño que fixo fortuna no País Vasco e estivo salpicado polo 'caso Roldán'. Na altura, o director xeral da garda civil encagavase na construción de casas cuartel a empresarios amigos.

O Dato

Montes ameazados a poucos metros da costa.

Tres montes da parroquia de Dorrón serán vítimas da desfeita: a Granxa, Os Cotos e Festiñanzo. A urbanización aprobada nesta última zona contou cos votos favorables do PSOE e esta postura foi denunciada publicamente por Salvemos Sanxenxo. En total, estes montes aturarán mais de 1229 vivendas, situadas a escasos trescentos metros da liña de praia. A Xunta alertaba ao concello da grave irregularidade cometida, mas a aprobación deuse previamente a nova lei de costas.



Etiquetas:

7 Comentários:

  • XA ME PARECÍA A MÍN, QUE ERAN MOITOS CARTOS GASTADOS NA CAMPAÑA DA DULCINEA, DALGÚN SITIO TIÑAN QUE VIR¡¡¡¡¡¡¡¡

    Por Anonymous Anónimo, Às 10:19 da manhã  

  • OS PARTIDOS DEBÍAN PRESENTARLLE Ó POBO AS SÚAS CONTAS DOS GASTOS DAS CAMPAÑAS E TAMÉN ¿DE DONDE PROVEÑEN?

    Por Anonymous Anónimo, Às 11:03 da manhã  

  • moi bo artigo futuro primo

    Por Anonymous Anónimo, Às 10:00 da manhã  

  • Moi bo artigo e grazas a el atopei un dato que levo intentando relacionar hai tempo por iso e grazas a ti que me puxo no camiño decidin publicar parte dos meus datos sobre a presunta conexion entre o poligono e festiñanzo. Podes velos no blog de cousas de Sanxenxo.
    Grazas e Saúdos

    Por Blogger iris, Às 2:29 da manhã  

  • ¿Que le pasa estes últimos meses a Salvemos Sanxenxo?

    Has quedado ya hasta el moño como le ha pasado al de Noalla ó que?

    Por Anonymous Anónimo, Às 1:56 da tarde  

  • e que neste concello si te pos a encher o blog con artigos tes para anos, porque de que falar hai, comezando polo medio ambiene neste concello, pero falta tempo.
    Moi bo artigo, coma sempre.

    Por Blogger Plataforma O Pombal (David Leiro), Às 1:15 da manhã  

  • Mi mas sincera enhorabuen por tu blog.

    Lo sigo a menudo y me gusta. Trabajo en Coruña y asi estoy informado de las noticias y de o que pasa en mi pueblo.

    Gracias

    PABLO

    Por Anonymous Despedidas de soltera, Às 12:28 da manhã  

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial