Salvemos Sanxenxo

25 janeiro 2007

Noticias Xornal Hoxe

Denuncian unha urbanización de 260 chalés en Sanxenxo a menos de 150 metros da costa

Silencio da Xunta, voto a favor do PPdeG e PSdeG, e oposición do BNG ·· Os veciños opóñense á destrución da “última zona forestal” que foi recualificada co PXOM do 2003

R. FERNÁNDEZ. SANTIAGO

A urbanización de Punta Festiñanzo, en Sanxenxo, sitúase entre as praias de Area de Agra e Areas
A urbanización de Punta Festiñanzo, en Sanxenxo, sitúase entre as praias de Area de Agra e Areas
A presión urbanística que padece a costa galega segue en primeira liña de actualidade. Tras a oposición veciñal amosada ás recualificacións de terreos contemplados en determinados PXOM como o de Nigrán, Ribadeo ou Foz, agora chégalle á quenda a Sanxenxo. A vila pontevedresa xa estivo este verán no ollo do furacán ó converterse nun dos máis claros exemplos da saturación constructura que vive o noso litoral, segundo as denuncias reiteradas de diversos grupos ecoloxistas. Agora o colectivo veciñal Salvemos Sanxenxo denuncian a edificación de 260 chalés a menos de 150 metros da cosa.

O proxecto de urbanización situado en Punta Festiñanzo, entre as praias de Area de Agra e Areas, constitúe un dos poucos espazos de Sanxenxo conservado durante séculos como zona forestal ata a súa recualificación no ano 2003, coa aprobación do PXOM do municipio. O plan para construír no denominado S.U.9 de Sanxenxo obtivera o 26 de decembro de 2005 un informe desfavorable da Dirección Xeral de Urbanismo polo vial de acceso que se pretendía facer, que afectaba a un paso de servidume. En xullo de 2006, a promotora remitiu un escrito rebatendo o documento. Non obstante, segundo afirma o colectivo veciñal, o silencio administrativo por parte da Xunta permitiu que o Consello da Xerencia de Urbanismo do concello aprobase este mesmo mes o Plan Parcial correspondente, cos votos a favor de PPdeG e PSdeG e a oposición do BNG.

A portavoz do PSdeG no concello pontevedrés, Dulcinea Aguín, defendeu o seu posicionamento a favor "ó non existir ningún impedimento para levar adiante esta iniciativa veciñal". Segundo explica Aguín, o PXOM de Sanxenxo foi aprobado no seu momento acorde coa Lei de Costas vixente, sen ningunha oposición por parte da Dirección Xeral. De feito, a portavoz socialista defende o cambio de forestal a urbanizable deste chan por tratarse dunha "iniciativa veciñal" ante unha zona que rexistraba o menor índice de eficabilidade. Para Aguín, a única pega era o vial, "que foi convenientemente modificado coa presentación dunha nova proposta que xa cumpre coa lei". Pola contra, dende o BNG, Roberto Fernández cualificou esta urbanización de "desfeita", por situarse"nunha zona enriba do mar".

As obras comezarán no prazo de dous anos

Está previsto que as obras comecen en dous anos, xa que os promotores necesitan estar en posesión de polo menos o 51 por cento do terreo, unha porcentaxe que os veciños ven difícil de conseguir debido á gran cantidade de propietarios existente: ó redor de 686. Dende o colectivo cidadán Salvemos Sanxenxo, denuncian a existencia de ameazas a determinados veciños para obrigalos a vender as súas leiras e mesmo cren na intencionalidade dos incendios que afectou a esa zona neste verán. Os veciños sospeitan dunha "man negra", porque segundo indican, o propio PXOM de Sanxenxo prevé que, á hora de edificar a zona de Punta Festiñazo, cómpre seguir certas medidas como realizar un inventario de arborado previo para que, no caso de que existan especies autóctonas ou árbores de gran valor, deberán conservarse.

O DATO

Non ás 3.000 vivendas de luxo no campo de golf de Monte Faro

O colectivo veciñal Salvemos Sanxenxo emprenderon tamén unha campaña en contra das 3.000 vivendas de luxo que se construirán en torno ó polémico campo de golf de Monte Faro. Os veciños denuncian os 900 millóns de euros que se obterán despois de que os construtores vendan en 4.000 euros os metros de terreo que mercaron os seus propietarios por 40 antes de que se permitise edificar. Salvemos Sanxenxo recorda que este complexo está ligado a políticos populares: Vicente Cotino Ferrer e Vicente Cotino Escrivá, irmán e sobriño do conseller de Agricultura da Generalitat de Valencia e ex director da Policía, e que os terreos foron recualificados polo ex alcalde popular Telmo Martín.

AS CLAVES

Prevén uns 7.000 novos fogares

Greenpeace denunciou no seu informe sobre o litoral español que o de Pontevedra é onde se concentra a maior cantidade de urbanizacións de Galicia, alentado polo bo clima do que goza. En concreto, segundo recolle o informe, en Sanxenxo aprobouse a construción de máis de 1.200 vivendas, imcumprindo as directrices sobre densidade e formación de pantallas arquitectónicas da Lei de costas e da Lei de ordenación urbanística e do medio rural de Galicia. Así mesmo, o novo PXOM da localidade prevé a construción de 7.000 vivendas máis (un 82% das actuais).

Alteracións nesta paisaxe

Dende o Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) demandan medidas para ordenar e protexer os espazos do litoral que contan cun alto valor natural e paisaxístico, xa que son "un dos eixes irrenunciables para o futuro do desenvolvemento económico e social de Galicia". Seguindo estes criterios, Salvemos Sanxenxo denuncian a grave alteración morfolóxica e paisaxística do cabo onde se prevé construír a urbanización, protexido como zona forestal polo seu alto valor natural.

Alertan do alto custo das casas

Os portavoces da oposición de Sanxenxo, Roberto Fernández Lores (BNG) e Dulcinea Aguín Pombo (PSdeG) aseguraron onte que o municipio está experimentando unha marcha da súa poboación, principalmente de mozas, que non pode facer fronte ó "elevado" custo que lles supón construír ou adquirir unha vivenda. Fernández Lores manifestou que os mozos de Sanxenxo están comprando as vivendas en concellos limítrofes, unha visión que foi confirmada pola súa compañeira socialista.

EnlaceNoticia:Vivir Hoxe Galicia

Documentación relacionada:

Etiquetas:

13 Comentários:

  • Parabéns por esta páxina, clara, concisa e necesaria ante o desastre que nos espera en Sanxenxo que chega incluso aos municipios lindeiros

    Por Anonymous Anónimo, Às 5:49 da tarde  

  • Súmome ós parabéns para Salvemos Sanxenxo. Outra cousa, a noticia orixinal, en Vieiros o día anterior: http://www.vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=55698

    Por Anonymous Anónimo, Às 10:34 da manhã  

  • Silencio da Xunta, voto a favor do PPdeG e PSdeG, e oposición do BNG ·· Os veciños opóñense á destrución da “última zona forestal” que foi recualificada co PXOM do 2003
    ¿Vecinos? ¿Dónde vives? ¿O es que no tienes una parcela por ahí?
    Como siempre los totalitarios varios (progres, nacionalistas, ecologistas, comunistas,... perdón por repetirme) no quieren que los demás progresen, perdón, evolucionen porque ellos ya están instalados. La envidia es mala compañera de viaje.
    En Monte de faro son "empresarios sin escrúpulos" y "gente de Madrid o Valencia", pero aquí cuál es la escusa. Ya os lo dije, no quieren que los demás evolucionen y perder ellos sus privilegios.
    ¿Porqué un persona con una finca a 1 km de la playa puede construir y yo al 150 m no puedo? ¿Existe propiedad privada en este país (me refiero a España)? ¿Basta ya de someter a la gente a vuestras ideologías? ¿Dejarnos vivir en vez de una puta vez?

    Por Anonymous Anónimo, Às 4:02 da tarde  

  • Quero recordar o señor anónimo que Festiñanzo é un S.U. o 9concretamente .Este modelo de urbanizacións a verdade que non respecta moito a propiedade privada que vostede defende:

    Ante a súa deninformación ou os intereses creados neste cabo, señor anónimo informese:
    Que son os zaos ou S.u.?
    Esta é a explicación, que convén ler con calma, de que é e que fai un axente urbanizador nos S.u.:
    O axente urbanizador, que a lei galega denomina concesionario de obra pública . Trátase dun promotor inmobiliario, escollido por cada concello mediante un concurso, para construír edificios ou chalés nunha ampla zona urbanizable (S.U.) Unha vez comprobada a súa solvencia, calculado o prezo dos solares trala recalificación e presentado o proxecto de urbanización, o axente ha de esperar dous anos (durante os que debe negociar compras cos propietarios das leiras) antes de poder expropiar.(isto é o que esta ocurrindo en Festiñanzo S.u.9,...)

    Dous anos logo de obter a adxudicación dunha urbanización, o citado axente ten potestade para expropiar leiras e casas, con ou sen o acordo dos propietarios. A cambio, o promotor ten a obrigación de abonar unha indemnización -o prezo calculado para cada propiedade- a cada particular, quen terá facultade para escoller se cobra en metálico ou mediante unha parte da obra que se realice.
    • Que é unha Xunta de Compensación?
    O proceso adoita comezar cando o Concello decide que nunha determinada zona pódese construír unha urbanización e establece que tipo de sistema utilizarase. Un dos máis habituais é o da xunta de compensación. As empresas van comprando terreos ata obter polo menos o 51% da superficie que necesitan. Despois intentan que o resto dos propietarios convértanse tamén en promotores da obra e paguen os gastos das rúas, saneamento e outras instalacións. A cambio poderán recibir unha ou varias vivendas segundo o chan que cedan. Para aqueles que teñan os recursos suficientes para investir, a recalificación dos terreos pode converterse en todo un negocio, pero non todos os afectados teñen diñeiro. E aquí é onde comezan os problemas.
    Os que non queiran ou poidan sumarse á xunta de compensación serán expropiados. É o Concello o que, segundo a lexislación, debe establecer o Prezo xusto, pero este afástase case sempre dos valores do mercado. Os casos máis sangrantes, aínda que non os máis habituais, ocorren cando hai vivendas por medio.
    Dous son principalmente as argucias legais empregadas polos municipios, o valor catastral e a denominada vía de urxencia. Gran parte dos expedientes que chegan ao xurado de expropiación -o primeiro tribunal que pode corrixir o prezo marcado e que, de feito, faio a diario- utilizan a cantidade que figura no catastro. Este adoita estar desatualizado, polo que se pode chegar a ofrecer 10.000 euros por unha vivenda. O uso do valor catastral, ademais, non se corresponde co que marca a lexislación sobre expropiacións, que establece un complexo método de cálculo en base ao que se denomina valor residual.
    • Nota: No noso concello dos 30 S.u. solo se fixo a xunta de compensación nos siguientes S.u:nº 1 sito no lugar de Os Cotos – Dorrón B.o.p, S.U. 19 :Cabicastro-Adina-Sanxenxo...
    Un axente privado con poderes propios dun xestor público. Un monopolio en lugar dun mercado. Un promotor con poder absoluto sobre un territorio e sobre os seus ocupantes e propietarios.
    Un saúdo Colectivoherpi@hotmail.com

    Por Blogger S.o.s Sanxenxo, Às 4:13 da tarde  

  • """¿Veciños? ¿Dónde vives? ¿O es que no tienes una parcela por ahí?"""

    Señor anónimo vivo en Bordóns.
    Quero contestarlle a segunda pregunta ,teño 25 anos é a única propiedade que teño é unha bicicicleta Orbea e unha mochila chea de roupa.E vivo na casa dos meus Pais.
    O meu único interes é protexer o litoral é a paisaxe.

    "Ya os lo dije, no quieren que los demás evolucionen y perder ellos sus privilegios"
    Conteste por favor sigue ainda Falando de min???


    Quero recordarlle que somos un grupo de mozos que queremos expresar a nosa opinión a situación na que se atopa a construción en Sanxenxo somos cidadáns. E é a nosa conciencia e ética como cidadáns a que nos impulsou a facer o blog e expresar respectuosamente a nosa opinión para que poida ser escoitada por vostedes, e se é posible, espertar tamén as súas conciencias e a súa ética profesional. Gustaríanos deixar claro que non pertencemos a ningún partido político
    Conteste Por Favor

    Por Blogger S.o.s Sanxenxo, Às 4:27 da tarde  

  • para "s.o.s. sanxenxo"
    Me empieza a gustar el debate, pero hay, voy a ser benévolo, varias inexactitudes en su argumentación:
    - Para empezar yo en mi anterior comentario pregunté ¿Porqué un persona con una finca a 1 km de la playa puede construir y yo al 150 m no puedo? Yo sé que un s.u. no me permite construir libremente (mejor sería que pudiera construir una vivienda como se puede en Bordones), pero por lo menos algo es algo. Lo que vosotros defendéis no me permite hacer nada. Es como si no tuviera nada.
    - El agente urbanizador no fue escogido por el ayuntamiento, sino que un grupo de vecinos-propietarios que se juntó inicialmente para intentar desarrollar el s.u. contactó con la empresa.
    - El agente urbanizador no puede expropiar nada, por que no tiene nada. Se tiene que crear una junta de compensación dónde entran los propietarios(no tienen porque ser empresas y en Festiñanzo la mayoría son particulares)y el concello.
    -El que no quiere vender no está obligado, es tu propiedad privada y sólo están facultados para expropiar los organismos públicos, NUNCA una entidad privada, pero si la mayoría de la junta aprueba el plan si está obligado a construir una vivienda y pagar la urbanización (ya sabes, calles, alcantarillado, aceras, iluminación) al agente urbanizador, ya sea en dinero o mediante parte de las parcelas. Ya sé que este sistema no es 100% respetuoso con la propiedad privada pero por lo menos puedes tener algo y el que no puede pagar si puede vender su parcela con un valor (no creo que me equivoque) que puede ser un 1000% superior.
    Dejar de dar la murga. Parece que no estar afiliado a ningún partido político ya os dá una legitimidad que no tenéis. Yo tampoco estoy afiliado a ninguno y ninguno de los que hay me representa en más de un 50%, pero no voy por ahí diciendo a los demás lo que a mí me gustaría que hicieran o que vivieran como yo lo hago.

    Por Anonymous Anónimo, Às 5:11 da tarde  

  • " El agente urbanizador no fue escogido por el ayuntamiento, sino que un grupo de vecinos-propietarios que se juntó inicialmente para intentar desarrollar el s.u. contactó con la empresa."
    Isto que vostede di é falso.falso falso
    Os veciños non escolleron nada o Su. Foi presentado no 2003(Pxom).
    Este proxecto foi presentado por empresas privadas e un representante José Manuel Otero Rey. Que non posuía ningunha propiedade nese momento.

    Por Blogger S.o.s Sanxenxo, Às 5:25 da tarde  

  • "...y el que no puede pagar si puede vender su parcela con un valor (no creo que me equivoque) que puede ser un 1000% superior."
    Outra falsidade, se a xunta de compensación creada posee o 51% do terreo e os propietarios non poden asumir os prezos das infraestruturas solo lle queda dous camiños ou vender ou a expropiación( ver Caso Faro).

    2000m__ 14 millóns isto ocurriu fai 2 anos en Festiñanzo (A propietaria foi enganada e presionada o berro ou vendes ou serás expropiada!!!!

    Por Blogger S.o.s Sanxenxo, Às 5:36 da tarde  

  • """El que no quiere vender no está obligado, es tu propiedad privada y sólo están facultados para expropiar los organismos públicos, NUNCA una entidad privada, pero si la.....""
    Outra falsidade a medias
    Podes ser expropiada si te negas asumir os costos da urbanización.

    Por Blogger S.o.s Sanxenxo, Às 5:40 da tarde  

  • ...partido político ya os dá una legitimidad que no tenéis...
    Defender a paisaxe xa nos da bastate lexitimidade. Vostede defende os cartos dalle igual a marbellización de Sanxenxo.
    O progreso non é sinónimo de construción; o turismo non busca cemento; a calidade de vida non se asocia ás grandes urbes.
    Estes son algúns dos moitos tópicos que debemos desterrar se buscamos un xeito de vida que nos resulte satisfactorio, agradábel, pleno e harmónico coa natureza. As vilas como a nosa poden ofrecer un hábitat inmellorábel por canto dispoñen do máis básicos para o goce diario: servizos (é certo que faltan moitos), tranqulidade, espazos públicos, e, sobre todo, paisaxe. Mais poder non é dabondo para ser unha realidade. Os que teñen nas súas mans a capacidade de decisión sobre o futuro de Sanxenxo prefiren atender as demandas dos promotores inmobiliarios que as dos veciños que os votaron. Non é este o modelo que queremos senón o que ofrecen outras localidades que souberon ver que a defensa da paisaxe e do medio ambiente non só asegura unha mellor calidade de vida senón que tamén ofrece unha maior riqueza económica; unha riqueza máis repartida que as cuantiosas sumas que xenera a construción.

    Por Blogger S.o.s Sanxenxo, Às 5:46 da tarde  

  • Voy terminando por hoy.
    "Outra falsidade a medias"????
    O es falso o es verdad. Todo lo que dije es cierto, otra cosa es que no lo quieras creer. Dame argumentos.
    - Fue presentado en el 2003 por propietarios que superaban el 50% de la superficie. SOLO puede presentar un s.u. quién represente el 50% de la superficie.
    - La que vendió 2000 m a 14 millones la vendió porque quiso y lo que le duele es que ahora gente esté vendiendo a 3.600 € la conca (52 m)
    - Ya te dije que el propietario solo está obligado a construir una vivienda una vez que se apruebe. Si él no puede pagar el coste de urbanizar puede ceder terreno para pagar (aunque después tenga pagar una plusvalía a Hacienda por el terreno, porque el terreno gana valor al hacerle calles....), pero la plusvalía puede llegar al 1000%.
    - El turismo no lo ví nunca por Festiñanzo.
    - Dame datos de donde la riqueza económica esté asociada a la defensa del paisaje. Quien vive del paisaje y del desarrollo harmónico con la naturaleza. Yo pensaba que la riqueza económica se generaba y estaba más repartida con libertad económica y defensa de la propiedad privada. Si los promotores construyen es que hay gente que quiere comprar.
    Otro día seguiré.

    Por Anonymous Anónimo, Às 6:17 da tarde  

  • SOLO puede presentar un s.u. quién represente el 50% de la superficie.
    Isto é falso .
    O axente urbanizador pode presentar un S.U sen ter un metro cadrado de terreo.

    Por Blogger S.o.s Sanxenxo, Às 11:50 da tarde  

  • * Poderiase lograr que se construíran máis vivendas con criterios ecolóxicos?

    Os criterios ecolóxicos e sociais non esixen que non se constrúan máis vivendas. Non é só unha cuestión de como construír, senón de cando e onde construír. En Sanxenxo hai miles de vivendas baleiras e con todo proxéctanse máis de 10000 para os próximos anos, que case triplicaría a poboación en caso de habitarse.Hai demanda para esas vivendas??Esta pregunta non me toca responder a min se non o tempo o dirá.

    O crecemento en Sanxenxo a de ser cara ao interior; os espazos naturais da costa deben preservarse. En particular, hai que evitar o modelo "Marina Dor con campo de golf (Faro) ", o paradigma da insostenibilidade.

    Tamén é preciso comprender que a cuestión da especulación urbanística é un problema do concello que afecta a todos o cidadáns (Polo tanto tamén dos construtores do noso concello), que está destruíndo o noso patrimonio, que se basea na gran mentira dun suposto desenvolvemento que en realidade é riqueza para uns poucos e desastre para o resto, que está xerando desigualdade e segregación social sen precedentes. O cidadán ha de concienciarse de que o urbanismo que hai hoxe en Sanxenxo non é desenvolvemento senón destrución, o maior problema do concello.

    A espiral especulativa infla artificialmente o prezo da vivenda ata facela inaccesible para enormes sectores da poboación, á vez que empeoran as condicións de vida ao saturarse as infraestruturas e masificarse o territorio. Por outra banda, estanse destruíndo valores e a identidade fundamentais da cultura: a paisaxe, a cultura local e o contorno natural, que son emprazados polo formigón e o modelo estandarizado, insostible e globalizado dunha cultura de masas ultraliberal.

    Por Blogger S.o.s Sanxenxo, Às 11:51 da tarde  

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial