Salvemos Sanxenxo

31 janeiro 2007

Salvemos Informa

O interventor non está seguro da legalidade do proxecto de Festiñanzo,e a xunta segue no seu silencio administrativo.

  • Intervención retira á alcaldesa a fiscalización do expediente de Festiñanzo por temor a algunha irregularidade.
  • A presión do pobo fai que o interventor do concello se asegure da legalidade do Proxecto.
  • A frase:"É oportuno retirar o punto do pleno e máis agora co delicado que están os temas de urbanismo”,afirma o interventor.

A alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González Bea, tivo que retirar onte da orde do Pleno a aprobación definitiva do polémico desenvolvemento urbanístico de Punta Festiñanzo tras recibir, horas antes, un requirimento do interventor expresándolle o seu desexo de examinar con calma este controvertido tema.

Catalina González Bea recibiu do interventor un requirimento referido ao expediente urbanístico de Punta Festiñanzo polo que ti
vo que retirar a súa aprobación da orde do Pleno ordinario celebrado onte pola Corporación Municipal.

Intervención solicitou onte á alcaldesa, a través dun requirimento, a fiscalización do expediente urbanístico de Punta Festiñanzo, só unhas horas antes de que dese comezo o Pleno ordinario. Por este motivo, Catalina González Bea viuse na obrigación de eliminar da orde do día a aprobación definitiva deste polémico desenvolvemento urbanístico, o do chan urbanizable número 9, situado nas proximidades do litoral entre as praias de Areas de Agra e Area.

En concreto, o interventor, pediulle á alcaldesa entre tres e catro días para estudar con máis profundidade o documento urbanístico, "por cousas que mirou e para ter unha maior seguridade xurídica", sinalou a propia a
lcaldesa.

"Atopou certos novos indicios... e xúrdelle importantes dúbidas legais para a súa aprobación definitiva", matizou pero no entanto a alcaldesa non concretou esas dúbidas ás que se refire o requirimento de I
ntervención. O que si engadiu é que o interventor o que quere levar a cabo é "unha fiscalización previa, exhaustiva e ampla".

"É oportuno retirar ou punto do pleno e máis agora co delicado que están os temas de urbanismo", aseverou.

A rexedora de Sanxenxo espera que o interventor teña elaborado o informe antes do próximo venres. Para esta data, ten previsto convoc
ar un pleno extraordinario para aprobar o proxecto de humanización de Portonovo e, aproveitando esta circunstancia, quere tamén realizar a aprobación definitiva da urbanización de Punta Festiñanzo.

Datos

A urbanización de Punta Festiñanzo supoñerá a construción de 277 vivendas das cales un total de 168 serán adosados a levantar nunha superficie de 25.499 metros cadrados, 32 pareados en 8.352 metros cadrados e 77 illadas que se crearán sobre 37.336 metros. Así mesmo, o desenvolvemento do chan urbanizable número 9 reservará 5.502 metros a zonas verdes de uso público, 5.134 metros a zona de equipamento e 40.839 metros á rede viaria e outras superficies.

Documentación relacionada:

Etiquetas: ,

11 Comentários:

  • "a presión do pobo"....
    ja, ja, ja, me troncho de risa con esta afirmación. La única presión que hay es la de unos totalitarios burgueses que como ya tienen sus chalets encima de la playa no quieren que un grupo de vecinos, por que la mayoría de los titulares de las parcelas son vecinos de Sanxenxo, pueda hacer una vivienda en su propiedad y tenga que hipotecarse en un piso.
    Como siempre esta gente, unida a los nacionalistas, no quiere que el pueblo progrese.
    ¡Viva el progresismo!, siempre en defensa de los más ricos.

    Por Anonymous Anónimo, Às 3:37 da tarde  

  • -Señor anónimo eu non vivo en Festiñanzo e ningún membro de Salvemos Sanxenxo.

    -Somos un grupo de mozos que queremos expresar a nosa opinión a situación na que se atopa a construción en Sanxenxo.
    Queremos deixar claro que non pertencemos a ningún partido político. Somos cidadáns. E é a nosa conciencia e ética como cidadáns a que nos impulsou a facer o blog e expresar respectuosamente a nosa opinión para que poida ser escoitada por vostedes, e se é posible, espertar tamén as súas conciencias.

    Señor anónimo gustaríame que diferenciaras desenvolvemento e desarrollismo.

    Unha cousa é desenvolvemento e outra "desarrollismo”. Moitos cren que un pobo se moderniza a base de enchendo de novos bloques. E non é certo. Un pobo se moderniza cando mantén a súa identidade e presta aos seus veciños servizos de calidade.Pero moitos municipios que eran pobos tranquilos (como de Sanxenxo), estanse convertendo en verdadeiras moles onde ninguén vive xa a gusto. Estamos ante un novo desarrollismo.
    Por último quero recordarlle o señor Anónimo quen solicitou o S.u. de Festiñanzo??
    José Manuel Otero Rey e 7 empresas mais.
    Señor anonimo é veciño de Festiñanzo José Manuel Otero Rey eas outras 7 empresas.

    Por Blogger S.o.s Sanxenxo, Às 3:59 da tarde  

  • Para "s.o.s. sanxenxo"
    Me alegra vuestra respuesta porque me permite ubicaros.
    Hay un dicho que dice: "Si a los 20 años no eres socialista es que no tienes corazón, si a los 40 lo sigues siendo es que no tienes cabeza".
    Me permito indicaros que para mi el término socialista incluye a comunistas, ecologistas, nacionalistas,..., es decir, a los totalitarios varios que se creen en posesión de la verdad absoluta y quieren que todos vivan al son de su ideología(muchas veces es de sus complejos o incapacidades).
    ¿Porqué alguien que tiene una parcela a 1 km de la costa puede construir y uno que la tiene a 150 m no puede? ¿Existe propiedad privada en este país (me refiero a España)?
    ¿Es "desenvolvemento" o "desarrollismo" lo que lleva haciendo varios años en la punta de Festiñanzo un propietario que se dedica a comprar monte y los está cerrando con un muro de más de tres metros de altura dentro de su propiedad?
    ¿Es "desenvolvemento" o "desarrollismo" la situación de abandono del Monte de Festiñanzo hasta el día de hoy?
    Lo que es "desenvolvemento" es querer hacer de Festiñanzo una verdadera zona pública para uso o disfrute de los vecinos y turistas, con un gran parque público y cuidado.
    Yo no tengo el dato de quién solicitó el S.U. de Festiñanzo, pero sé que en las primeras reuniones había varios vecinos - propietarios de parcelas y ninguna empresa. Yo ahora no tengo el dato de cuantas empresas y propietarios particulares forman parte del su9, pero son bastantes y hay pocas empresas. ¿lo sabéis vosotros?
    "Un pobo se moderniza cando mantén a súa identidade e presta a os seus veciños servicios de calidade" .... No me hagáis reir. ¿De qué identidad me habláis?¿Yo soy de Sanxenxo y no considero que tenga una identidad distinta a la de un madrileño ni una identidad idéntica a la de mi vecino? ¿De qué servicios de calidad me hablas?
    ¿Sois de Sanxenxo?

    Por Anonymous Anónimo, Às 4:35 da tarde  

  • Xa vexo que estas moi interesada na ideoloxía de Salvemos Sanxenxo.
    Quero dicirche que nunca fun a votar.
    Xa que a protección da costa lograse concienciando a cidadanía e implicándoa para que protexa o noso litoral.
    Quero facerche unha pregunta: Pensa vostede que a construción de 600 chales en Festiñanzo e a Granxa non vai alterar a nosa paisaxe????

    Señor@ vexo que tes moitos intereses creados en Festiñanzo.
    Pero quero recordarlle que Festiñanzo que os solicitantes deste S.u Non é veciño de Festiñanzo José Manuel Otero Rey e outras 7 empresas.
    Datos do Pxom.Ningún veciño de Festiñanzo vedadade.
    “Sois de Sanxenxo?” Si
    “Yo soy de Sanxenxo y no considero que tenga una identidad distinta a la de un madrileño ni una identidad idéntica a la de mi vecino?”
    Estou dacordo con vostede pero si que ten unha paisaxe única que vostede quere esnaquizar para encher o seu bolsillo.

    Por Blogger S.o.s Sanxenxo, Às 4:54 da tarde  

  • "¿Es "desenvolvemento" o "desarrollismo" lo que lleva haciendo varios años en la punta de Festiñanzo un propietario que se dedica a comprar monte y los está cerrando con un muro de más de tres metros de altura dentro de su propiedad?"
    Desarrollismo.
    Grazas pola túa información , pero Salvemos Sanxenxo xa posúe información e fotos da túa denuncia.
    Será publicado proximamente un estudo de Festiñanzo que denuncia este Asunto.

    Por Blogger S.o.s Sanxenxo, Às 4:59 da tarde  

  • Lo que es "desenvolvemento" es querer hacer de Festiñanzo una verdadera zona pública para uso o disfrute de los vecinos y turistas, con un gran parque público y cuidado.
    Omite vostede os seguintes datos.
    "260 chales que coa actual lei de costas serian imposible construílos.
    Vostede defende unha ilegalidade coa actual lei .
    Aínda que esta amparado polo Pxom de 2003 que foi aprobado con anterioridade de dita lei.
    Quero aclarar que dita lei foi aprobada polo Partido Popular.
    Protexa o litoral.

    Por Blogger S.o.s Sanxenxo, Às 5:08 da tarde  

  • Querido amigo de "s.o.s. sanxenxo"
    Si no te entiendo mal defiendes que cualquiera que tenga unos derechos según una ley, puede perderlos por una ley posterior. Las leyes no son retroactivas, o no lo son en ningún país democrático dónde exista seguridad jurídica.
    La ley sería aprobada por el P.P., pero eso no quiere decir que sea buena. Totalitarios los hay en todos los partidos.
    Yo no omito nada, pero tú no me contestaste porque en una parcela a 1 km se puede construir y en una a 150 metros no. Yo no le digo a nadie que tiene que proteger el rural. ¿Acaso ahora Festiñanzo está protegido? ¿Fuiste alguna vez por allí? Dejaros de escusas.
    ¿"A paisaxe"? No conozco a nadie que viva del paisaje. O tengo que construir una cueva en Festiñanzo.
    Para terminar por hoy, lo de no ir nunca a votar es tu decisión, pero deberías reconsiderarla. Es un lujo que tenemos en algunos países y que se debería ejercer aunque sea en blanco.

    Por Anonymous Anónimo, Às 5:53 da tarde  

  • ¿Acaso ahora Festiñanzo está protegido?
    Estivo protexida durante séculos como zona forestal.O sentido común foiaquel que protexeu neste anaco de costa.
    A costa debe estar protexida do mesmo xeito que se protexe en paises como Irlanda

    Por Blogger S.o.s Sanxenxo, Às 6:03 da tarde  

  • """o no omito nada, pero tú no me contestaste porque en una parcela a 1 km se puede construir y en una a 150 metros no."""
    Esta pregunta non a vou contestar porque é un insulto a miña intelixencia .
    Vostede defende a contrución do Herpi, Contruir urbanizacións en Ons, Facer unha canteira de Area en Silgar
    En Fin nada que decir

    Por Blogger S.o.s Sanxenxo, Às 6:08 da tarde  

  • Ahora si que me voy, pero...
    ¿Inteligencia?
    Yo no defiendo el edificio Herpi, pero nadie critica el edificio que se está haciendo en la curva de Areas y me parece una aberración.
    Comparar Festiñanzo con Herpi te delata.
    Construir una urbanización en Ons no me parece mal porque no entiendo porque una isla por el hecho de ser un espacio de tierra en el medio del mar no pueda ser privada.
    Libertad y propiedad privada es lo que nos permite tener la calidad de vida actual.
    O no te das cuenta que aquello que no es propiedad de nadie acaba desapareciendo.

    Por Anonymous Anónimo, Às 6:23 da tarde  

  • A crecente presión urbanística no litoral non é un
    fenómeno novo; o desarrollismo dos anos sesenta
    estimulouna e lonxe de minguar a cada nos nosos días unritmo de crecemento imparábel. Os datos son
    estremecedores: cun ritmo de crecemento máis elevadoque en Murcia, nos próximos dez anos prevénseconstruir en Galicia 500 000 vivendas, gran partedelas na costa.
    Zonas de Asturias e Galicia que ata
    agora lograron manterse case vírxenes comezan a
    encherse de arrepiantes complexos turísticos e de
    campos de golf. A desaparición de valiosos
    ecosistemas, como os humedais, os sistemas dunares,
    as formacións vexetais autóctonas, son algunhas das
    consecuencias deste proceso.

    O desprazamento xeográfico da especulación desde a
    costa levantina -con cerca dun tercio da costa
    cementada- cara a franxa cantábrica e atlántica
    obedece en gran parte á saturación turística desta
    rexión, onde a euforia urbanística está a converter
    improductivos areiais en monótonas urbanizacións
    devoradoras de auga e solo. Pero existen outras razóns
    de peso, como a presencia de capitais procedentes das
    actividades do narcotráfico. É ben sabido que Galicia
    é unha das zonas de desembarco preferidas en Europa
    polas mafias internacionais da droga, que ven na
    construcción a forma máis eficaz de blanquea-los
    cartos.

    O lado oscuro do desvarío urbanístico non remata aqui.
    A complicidade das autoridades locais, que perverten o
    valor de uso que debe te-lo solo, transformandoo nun
    mero valor de cambio, acumulan a mans cheas ingresos
    procedentes das recalificacións, das licenzas de obra
    e das comisións, completa o cadro de delincuencia
    territorial que a febre constructiva xenera.

    Existe, polo demáis, unha errada visión -froito dunha
    unha interpretación perturbada do progreso- sobre as
    bondades dun modelo de crecemento que afirma a
    inevitabilidade do fenómeno urbanístico, a
    inesgotabilidade dos recursos naturais, o relativismo
    do concepto de feísmo e coloca a énfase no ladrillo e
    no emprego precario e explotador.

    Semella que esquecemos varias cousas. Unha é que o
    modelo convencional de turismo de masas -baseado no
    consumo voraz dos recursos naturais e no deterioro
    irremediable do entorno natural- ten os seus días
    contados, ante a emerxencia de destinos turísticos
    novos e máis competitivos. Os costes da reconversión
    das áreas deterioradas son enormes, como se pon de
    manifesto naquelas comunidades onde se está procedendo
    á reclasificación das prazas turísticas e á
    recuperación das zonas degradadas pola excesiva
    urbanización.

    Outro imperdoable esquecemento é que a paisaxe é unha
    das nosas principais fontes de riqueza, paisaxe
    humanizada ó longo dos séculos ata configurar unha
    peculiar forma de ocupación do territorio que é unha
    das nosas irrenunciabeis sinais de identidade.

    Por Blogger S.o.s Sanxenxo, Às 8:39 da tarde  

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]



<< Página inicial